InvestiGal amosa a súa sorpresa ante os argumentos, emitidos dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade sobre a nova convocatoria de axudas á investigación

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

InvestiGal-Rede Galega pola Investigación denuncia que as declaracións da Secretaría Xeral de

Universidades respecto os contratos pre e posdoutorais son falsas e imprecisas.

A convocatoria do 2020 queda suprimida, e a de 2021 precariza os contratos e recorta as

horas de docencia.

 

Os investigadores denuncian a falta de compromiso da Xunta ca investigación e reclaman

unha reunión cos responsables.

Galicia, 16 de Xaneiro de 2020.

InvestiGal amosa a súa sorpresa ante os argumentos, emitidos dende a Consellería de Cultura,

Educación e Universidade sobre a nova convocatoria de axudas á investigación pre e posdoutoral nos

que afirman que as críticas do colectivo investigador “non se corresponden coa realidade" [1]. Este

colectivo criticou con dureza as modificacións nas convocatorias, especialmente na convocatoria de

axudas posdoutorais, dependente da Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica

Universitaria, e solicitou unha reunión urxente, aínda sen resposta, co Conselleiro de Educación co fin

de reconducir a convocatoria, dado que aínda existe marxe antes da súa publicación definitiva no

DOG [2]. Lonxe disto, os argumentos utilizados onte pola Consellería de Educación alónxanse

da realidade e son falsos ou imprecisos e manifestan un descoñecemento total do programa, polo

que InvestiGal solicita a dimisión inmediata da persoa que os emitiu e unha xustificación

pública dos mesmos.

Dende a nota de prensa a Consellería afírmase que “no 2020 non se suprimiu nada" [1]. Isto é

rotundamente falso, xa que no 2020 non foron convocadas as axudas para contratos posdoutorais,

convocadas anualmente dende o ano 2016 ata 2019. Por outra banda, outros programas si mantiveron

sen alteracións o seu calendario de convocatorias, como as Postdoc Berri do Goberno Vasco

(convocadas en xullo), o prestixioso programa europeo Marie Skłodowska-Curie Actions (MSCA) ou

o programa nacional “Juan de la Cierva” ou “Ramón y Cajal” que ademais aumentaron a súa

financiación nun 30%. Ademais, a xustificación da Xunta sobre “a extensión dos contratos para que

ninguén se vise prexudicado pola pandemia” é imprecisa xa que só afectou ós/ás investigadores/as

predoutorais ou posdoutorais que xa tiñan un contrato en vigor e este argumento en ningún caso

xustifica a non convocatoria de axudas posdoutorais no 2020. De feito, centos de investigadores/as

víronse gravemente prexudicados directamente pola Xunta ao non convocar ningunha axuda

posdoutoral ao longo do 2020 o que fomentou indudablemente a precariedade e a fuga de cerebros.

Outro dato impreciso é que a Consellería de Educación defende que a convocatoria de 2021

"é a maior da historia de Galicia no número de contratos”. Isto é falso, xa que no ano 2016 [3]

concocouse o mesmo número de axudas que na vixente convocatoria, un total de 175 contratos entre

predoutorais e posdoutorais. Con respecto

a convocatoria previa, no 2019 ofertáronse

un total de 167 axudas, pero os números

teñen truco. Parodoxicamente, tanto o

2016 como o 2021 estiveron precedidos

dun ano “en branco”, xa que no 2015 non

se convocaron axudas para contrat os predoutorais e posdoutorais e en 2020 non se convocaron axudas

para contratos posdoutorais, impedindo que moitos investigadores/as non podan optar ás axudas ao

quedar excluídos polos límites asociados o ano da convocatoria, como o ano de obtención da tese

doutoral ou da licenciatura. Un bo negocio para a Xunta que cun mesmo presuposto cubre dous

anos cun aumento irrisorio no número de axudas e nefasto para os/as investigadores que ven

como unha convocatoria anual convértese de maneira cíclica en bianual por obra e arte da

Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria .

Con respecto ós salarios, dende a Consellería afirman “que en ningún caso se reducen nestas

convocatorias con respecto ás anteriores”. Isto é impreciso, por exemplo, un/unha investigador/a que

obtivese a súa axuda no 2021 para facer unha estadia na Zona 3 durante 24 meses e 12 meses en

Galicia obtería unha axuda total de 133.800€, lixeiramente inferior ós 134.800€ que se establecen na

convocatoria do 2019 . Adémais, a Xunta destaca que “establécese unha repartición distinta derivado

da flexibilidade do

desprazamento pola situación

sanitaria". Esta repartición non

ten ni pés ni cabeza, xa que

aumenta o percibido no

estranxeiro pero precariza o

salario recibido en Galicia, polo

que cobraran 12 mensualidades

de 1.500€ brutos mensuais, moi

afastados dos 2.000€ brutos

mensuais que percibe o persoal

investigador que obtivese a

mesma axuda entre 2016-2019.

Isto supón unha xestión nefasta

do diñeiro investido que

favorece a fuga de cerebros e

que o investimento non retorne

a Galicia: somos excelentes

formadores de talento para o desfrute de outros países ou comunidades autonómas. O salario recibido

en Galicia sitúa a estes investigadores e investigadoras mesmo por baixo dos mínimos salariais

fixados por algunhas institucións como a USC ou o CSIC nestes momentos nos que ata o Ministerio

de Ciencia está incrementando os salarios dos contratos posdoutorais das convocatorias Juan de la

Cierva e Ramón y Cajal nun 5% e aumentando o número destas axudas nun 24% para as

convocatorias do 2020 e 2021.

A información publicada onte relativa á docencia é totalmente falsa xa que dende a

Consellería afirman que "con 30 horas cada ano, ao longo de toda a duración da axuda, pódense

alcanzar as 90 horas docentes, fronte ás 80 de anteriores convocatorias, polo que os investigadores

teñen a posibilidade de dar 10 horas máis de clase, polo que non entendemos as críticas neste sentido".

Isto é un total sin sentido tendo en conta que anteriormente nas axudas posdoutorais e predoutorais

establecíase un número de 80 h/ano para os posdoutorais e 60 h/ano para os predoutorais, co que

un/unha investigador posdoutoral modalidade A podia chegar a 240 h. Incluso, os/as investigadores/as

predoutorais non chegarian o máximo de 180 h que establece o EPIFP.

Dende InvestiGal consideramos que baixo estas condicións o programa de axudas

posdoutorais está abocado ao fracaso, e que lonxe de coidar e incentivar o crecemento dun sector

estratéxico para o futuro do país, constitúen unha nova ofensa por parte da Xunta de Galicia cara ao

seu desmantelamento gradual. Isto supón que case 7 millóns de euros de diñeiro público se tiren ao

lixo cada ano por unha xestión nefasta na contratación de doutores/as para o sistema galego de

ciencia. Dende InvestiGal solicitouse unha reunión urxente cos responsables desta convocatoria co fin

de reconducila, dado que aínda existe marxe antes da súa publicación definitiva no DOG. Esiximos

que se depuren responsabilidades e se rectifiquen as devanditas modificacións realizadas nesta

convocatoria.

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

Tu derecho a la información en Xornal Galicia es gratis, pero sus redactores pagan un precio muy elevado con su propia vida tras ser perserseguidos por el gobierno de Feijóo. Ayúdanos simplemente renviado esta información..+  En directo https://youtu.be/ZNo_AGgTAnY con muchas tramas y exclusivas.... No te lo puedes perder....!  Ver más..+   

#NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+  CAPÍTULO 1 DE 7..+  -  CAPITULO 2 de 7..+  -  CAPITULO 3 de 7..+  CAPITULO 4 de 7..+  CAPITULO 5 de 7..+  CAPITULO 6 de 7..+  Capítulo 7 de 7...+   - ESPECIAL LUGURIA Y VICIO A COSTA DE LA SALUD Y DEL SERGAS. ..+   - EL SUEÑO ESPAÑOL DE #NACHO VIDAL...+   - La recompensa del #sueñoespañol a #NachoVidal del #sergas y #SegurançaSocial....+ - #NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+ Colabora y asesora Millán Calenti como vocal en las mesas de contratación del Sergas, etc..

lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.