Imprimir

Feijóo como xa conseguiu a maioría ahora pasa do persoal técnico de incendios forestais continúa en folga indefinida despois de dúas semanas sen resposta

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado

lossitemagnificosdelfrijolismoinmortalA falta de diálogo e negociación da consellería do Medio Rural empurrou ao persoal técnico de incendios forestais a iniciar o 1 de agosto unha folga indefinida; sen resposta algunha por parte da Administración no que vai de mes. Na actualidade o seguimento da folga é masivo (por riba do 80%, exceptuando o persoal de libre designación) e continuado na totalidade dos distritos forestais e nos catro centros de coordinación provinciais.

 

Ante esta situación as organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF e UGT, convocan concentracións de apoio á folga nas catro provincias, con carácter rotativo cada dous días. Na provincia de Lugo celebrouse o luns 17 de agosto a oitava mobilización no décimo sétimo día de folga indefinida co lema “Se somos esenciais, Novo Acordo Xa!!!!”, no que se pretende resaltar a situación duns profesionais considerados “esenciais” na súa labor de traballo de emerxencias e que pola contra a Administración fixo deixadez de funcións ao non negociar un novo acordo de condicións de traballo. O actual acordo (do ano 2008) foi denunciado fai un ano e está desfasado polos cambios na consellería, distribución de persoal e condicións de xestión do monte e bioclimáticas actuais. Co acordo vixente, non temos asegurada a capacidade de resposta do sistema e do cadro de persoal ante unha situación tan difícil como son os incendios forestais o que deixa desprotexido o servizo publico.desaparecidoenconvate

As vindeiras mobilizacións celebraranse nas seguintes datas e lugares:

  • Ourense: 19 de agosto - Rúa Villamil e Castro, s/n (Prado Lonia) 32004
  • Pontevedra: 21 de agosto - Rúa María Victoria Moreno nº 43, 36003.
  • A Coruña: 23 de agosto - Rúa Vicente Ferrer 2, Monelos, 15008.
social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría de nivel principal o raíz: Xunta de Galicia
Categoría: Lumes
Visto: 14552