Solicitan explicacións urxentes ao Goberno de Feijóo pola grave situación das Residencias de Maiores en Galicia

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado

A CIG-Administración Autonómica vén de tramitar, no Parlamento de Galiza, unha solicitude aos grupos parlamentarios para que demanden a comparecencia urxente da conselleira de Política Social Fabiola García Martínez pola situación das Residencias de Maiores da Xunta de Galiza.

A responsábel nacional do sector, Zeltia Burgos, alerta da situación de “deterioro xeral nas prestacións que están a recibir as persoas maiores usuarios de residencias da terceira idade e centros de día xestionadas directamente pola Xunta de Galiza, fundamentalmente polas condicións laborais dos empregados públicos que manteñen este servizo”.

 

Lembra que o persoal laboral das Residencias de Maiores está a traballar nunhas condicións de sobre esforzo e carga de traballo moi elevado co conseguinte risco de estres laboral. “Isto sucede como consecuencia duns cadros de persoal insuficientes para cubrir as necesidades das persoas usuarias”, explica e subliña que, para a CIG, non se trata de unha cuestión  puntual tanto no tempo como nos centros senón que “é xeneralizada”. Por iso considera que este sobresforzo ao que se ve sometido o persoal traballador supón “unha auténtica explotación laboral”.

Elevada sinistralidade

Burgos denuncia ademais que esta consellería ten o índice de sinistralidade laboral maior de toda a Xunta de Galiza, superando a Medio Rural cos bombeiros forestais,  e tamén unha porcentaxe de baixas por incapacidade laboral por enriba da media de calquera  outro departamento da Administración Autonómica. “Supoñemos que moitas destas baixas por IT son consecuencia da carga de traballo ou enfermidades relacionadas co traballo a quendas, infeccións bacterianas ou víricas derivadas do traballo con menores ou anciás ou mesmo trastornos músculo-esqueléticos repetitivos mal derivados ou recoñecidos polas mutuas”, afirma.

Como exemplo, a responsábel nacional do sector da Autonómica da CIG-Administración, explica que algunhas residencias teñen hoxe o 20% do seu cadro de baixa, en moitos casos por accidentes laborais e enfermades comúns derivadas dos esforzos músculo-esqueléticos. Nesta situación estarían a Residencia de Maiores de Oleiros, a Residencia de Maiores de Volta do Castro ou a CAMP de Sarria, entre outras.

Xunto a isto indica que está a medrar de xeito considerable o cambio de posto de traballo para adaptación por causas derivadas da saúde, logo de accidentes laborais ou simplemente polo traballo continuado, unida á propia idade do persoal. E denuncia que, porén, a Xunta malia ser coñecedora desta situación “non implementa medidas de calado para minimizar o risco de lesións”. En todo caso subliña que para a CIG, estas medidas para a mobilización das persoas usuarias, como mellor equipamento ou formación, “non poden obviar a necesidade de aumentar o cadro persoal”.

Zeltia Burgos denuncia ademais que a Xunta tampouco realiza a contratación de persoal de reforzo para que as persoas que están en postos adaptados, porque non teñen as condicións físicas ao 100%, nin material de axuda axeitado, teñan un apoio para realizar as súas funcións, sobrecargando así ao persoal que hoxe si pode.

As categorías máis afectadas por estas situacións son as de enfermería, auxiliares de enfermería e camareiras-limpadoras. Pero os cadros a mínimos tamén son os do persoal ordenanza, persoal de cociña ou equipos multidisciplinares. Chégase ao caso de que hai centros que teñen que deixar de facer actividades ocupacionais ou de animación por esta falta de persoal. Noutros queda sen control de acceso a entrada dos centros, como por exemplo sucede na Residencia da Pobra do Caramiñal e no centro de menores da Carballeira en Ourense, onde recepción queda baleira durante os fins de semana ou festivos xa que non hai quen atenda.

Burgos atribúe esta situación á suspensión do artigo 19 do V Convenio Único para o persoal laboral porque supuxo que desde a Lei de Medidas de 2012, que acompaña os orzamentos, nas carteleiras de traballo desapareceran os descansos adicionais por traballo a quendas e os directos por traballo en fin de semana e festivos, aumentando a carga horaria de xeito considerable.

Falta de persoal nas listas

Como mostra da situación e resultado desta carga de traballo e das malas condicións laborais e salariais, Zeltia Burgos afirma que “o persoal auxiliar de enfermería das listas de contratación prefiren acudir ao SERGAS”, o que está baleirando, de facto, moitas listas provinciais e provocando chamados irregulares ou directamente ilegais. Asegura que así ocorreu este verán 2019 nos centros da provincia da Coruña, onde non houbo ningún procedemento publico de selección incumprindo os principios de mérito, igualdade e capacidade para o acceso á función pública e que así foi denunciado pola CIG.

Por iso, diante desta situación, a representación sindical da CIG-Administración Autonómica do persoal laboral que traballa en residencias de maiores e centros de menores considera que o parlamento de Galiza é o lugar onde a conselleira responsable desta xestión, Fabiola García Martínez, debe dar explicación desta situación. “É insostible alongar no tempo durante tantos anos o a necesaria ampliación de cadro persoal a cobertura de ausencias e  finalmente as contratacións a dedo, están a deteriorar gravemente a prestación dos servizos públicos e a incidir moi negativamente na seguridade e saúde do persoal”.

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

Tu derecho a la información en Xornal Galicia es gratis, pero sus redactores pagan un precio muy elevado con su propia vida tras ser perserseguidos por el gobierno de Feijóo. Ayúdanos simplemente renviado esta información..+  En directo https://youtu.be/ZNo_AGgTAnY con muchas tramas y exclusivas.... No te lo puedes perder....!  Ver más..+   

#NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+  CAPÍTULO 1 DE 7..+  -  CAPITULO 2 de 7..+  -  CAPITULO 3 de 7..+  CAPITULO 4 de 7..+  CAPITULO 5 de 7..+  CAPITULO 6 de 7..+  Capítulo 7 de 7...+   - ESPECIAL LUGURIA Y VICIO A COSTA DE LA SALUD Y DEL SERGAS. ..+   - EL SUEÑO ESPAÑOL DE #NACHO VIDAL...+   - La recompensa del #sueñoespañol a #NachoVidal del #sergas y #SegurançaSocial....+ - #NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+ Colabora y asesora Millán Calenti como vocal en las mesas de contratación del Sergas, etc..

lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.