Morte, silencio, vergoña .- Manifesto do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia con motivo do Día Internacional da Liberdade de Prensa.

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

DIADELALIBERTADDEEXPRESION 2

Tres palabras terribles que me serven hoxe para falar por distintos motivos da realidade desta miña profesión.

Primeiro, polos recentes asasinatos dos xornalistas Roberto Fraile e David Beriain, quen traballou varios anos en Galicia, mentres rodaban un documental sobre cazadores furtivos en Burkina Faso. A morte coa que se paga querer rachar o silencio vergoñento das prácticas prohibidas en zonas perigosas, onde a vida non vale nada; nin a dos animais nin a das persoas. E así perdemos dous compañeiros valentes e comprometidos, dous xornalistas dos que contan o que hai que contar e non parvadas para ter a xente entretida ou mentiras para alimentar a crispación. Dous profesionais dos que hai que aprender nas universidades e nas redaccións.

 

Segundo, pola propia profesión, que agora descubrimos que é esencial, pero que esmorece entre a precariedade máis angustiosa do mercado laboral e o absurdo dos estudos, nos que –poño por caso– non aparece sequera mencionada a ética en ningunha das 43 materias que oferta o programa do Grao de Xornalismo na Universidade de Compostela.

Do circulo do inferno de Dante (morte, silencio, vergoña) no que se converteron as residencias de  maiores en Madrid falou o noso admirado compañeiro Manuel Rico, galardoado por iso co premio José Couso á Liberdade de Prensa que concedemos as persoas membros do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Non institucións nin organizacións alleas, senón nós. Os e as profesionais.

Premiamos o seu labor e o seu bo hábito de non andarse con trapalladas, que xa lle valeu desgustos dabondo, pero tamén o fixo mestre de mestres: non calar nin debaixo da auga foi o método e pagar moitas consecuencias o prezo. E estamos en débeda con el porque aí segue, falando sen trabas, contando o que ninguén conta e destapando canalladas que non quero repetir, que ler o que el escribe é tan ilustrativo coma deleitoso.

Liberdade para falar, para escribir, para expresar, para vivir. Iso é o que esixo, o que defendo, o que no seu momento tamén paguei. E volvería facer. Iso é que temos obriga de ensinar, a risco de facernos aborrecer, ás xentes que veñen detrás, e que estudan cousas como “audiencias e programación”, que será moi interesante, pero que non escoitan falar de como se conta a verdade, de como se arrisca o posto de traballo ou a vida que tes montada na túa cidade para acabar non se sabe onde porque aquí non volves ter emprego.

Por iso Manuel Rico deu de novo clase maxistral de como se enfronta o poder para expoñer as mortes ocultadas, para denunciar as xestións dilapidadoras, a falla de coidados ás persoas maiores e de información ás súas familias, as mentiras, a corrupción, a impunidade. A morte, o silencio, a vergoña.

E eu quero aproveitar o seu excelente traballo para lembrar que tamén nós nos facemos maiores e necesitaremos onde dar coas nosas osamentas; que entre nós hai moita xente que pertence a minorías e que mesmo nesa hora de retirarse do mundo, non é ben recibida nas residencias, que exercen selección coma quen elixe gando para unha feira.

As parellas homosexuais, por exemplo, ou persoas con discapacidades, en especial con problemas de saúde mental, teñen (temos) graves problemas para sermos admitidas. Atacamos, seica, a moral doutras persoas e parellas se queremos morrer xuntas despois de vivir xuntas; ou temos mil obstáculos para convivir, aínda medicadas e facendo vida normal, con quen ten outras discapacidades, pero non problemas de saúde mental.

Bastante duro é, mais polo menos a min tocoume en sorte ser branca e europea, que se di; pero se fose non branca, latina, inmigrante... todo sería moito máis complicado. Tamén isto forma parte da liberdade de expresión; querer vivir a vida de acordo con quen se é, co aspecto que se ten, a orientación sexual, a educación, a cultura, as circunstancias... en resumo, esixindo o respecto debido.

Porque a fin de contas, de respecto vai todo. Respecto pola liberdade, o ben máis sagrado, que cada día me parece máis fráxil e menos protexido. Esa liberdade que premiamos cada ano nas persoas de xornalistas valentes que a defenden, a usan, a comprenden, a ensinan, a comparten. Esa liberdade que debería ser a primeira palabra que usara cada xornalista para iniciar cada día o seu traballo, sabendo que acollerse a ela a buscar a verdade deberían ser os dous piares da súa profesión. Esa liberdade que damos por feita e que nun segundo podemos perder, simplemente por deixar facer, por baixar a cabeza, por non protestar, por non aguantar.

E aí volverán para este fermoso oficio, a morte, o silencio, a vergoña.

Remato como comecei. O máis duro é perder a quen non pararon de denunciar ata que a morte, a verdadeira, os levou. Sempre na nosa memoria, Roberto Fraile, David Beriain.

Compostela, 3 de Maio de 2021

 

Isabel Quintairos

Xornalista

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

Tu derecho a la información en Xornal Galicia es gratis, pero sus redactores pagan un precio muy elevado con su propia vida tras ser perserseguidos por el gobierno de Feijóo. Ayúdanos simplemente renviado esta información..+  En directo https://youtu.be/ZNo_AGgTAnY con muchas tramas y exclusivas.... No te lo puedes perder....!  Ver más..+   

#NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+  CAPÍTULO 1 DE 7..+  -  CAPITULO 2 de 7..+  -  CAPITULO 3 de 7..+  CAPITULO 4 de 7..+  CAPITULO 5 de 7..+  CAPITULO 6 de 7..+  Capítulo 7 de 7...+   - ESPECIAL LUGURIA Y VICIO A COSTA DE LA SALUD Y DEL SERGAS. ..+   - EL SUEÑO ESPAÑOL DE #NACHO VIDAL...+   - La recompensa del #sueñoespañol a #NachoVidal del #sergas y #SegurançaSocial....+ - #NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+ Colabora y asesora Millán Calenti como vocal en las mesas de contratación del Sergas, etc..

lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.