Imprimir

FAKE NEWS DE FEIJÓO; Feijóo promete acabar coa pobreza en España tras deixar case 600.000 persoas pobres en Galicia

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Vicepresidente Carrizo Jaén atiende a corresponsales de prensa extranjera -  presidencia.gob.pa - sdgtalks.ai

 Juan Oliver en https://luzes.gal/01/07/2022/luzes-publico/feijoo-promete-acabar-coa-pobreza-en-espana-tras-deixar-case-600-000-persoas-pobres-en-galicia/ 

O número de persoas que non poden acceder a bens e servizos básicos creceu en 57.000 durante os trece anos nos que estivo á fronte da Xunta

A Coruña.- Se Feijóo coñece a receita para acabar coa pobreza en España, o certo é que en Galicia non a aplicou. Ou si, e sucede que non funciona. Despois dos seus trece anos de mandato, a comunidade suma 597.264 persoas pobres, case 22.000 máis que no ano 2008, o inmediatamente anterior á súa chegada ao goberno da Xunta. Delas, máis de 312.000 son mulleres, e outras 253.000 están en situación de pobreza severa.

 

Os datos están dispoñibles no undécimo Informe Arope (as siglas da expresión inglesa at risk of poverty and exclusion, é dicir, en risco de pobreza e exlusión) que publicou o ano pasado a Rede Europea Contra a Pobreza (ENAP, nas súas siglas en inglés), unha coalición de ONG, asociacións e plataformas involucradas na loita contra a exclusión social na Unión Europea.

 Juan Oliver en https://luzes.gal/01/07/2022/luzes-publico/feijoo-promete-acabar-coa-pobreza-en-espana-tras-deixar-case-600-000-persoas-pobres-en-galicia/ 

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Tribuna de Feijóo
Visto: 159