Milagros Lantes recolleu o o Premio Cidades que Camiñan co compromiso de seguir traballando a prol da mobilidade peonil

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
A concelleira Milagros Lantes recolleu o premio acompañada polo arquitecto xefe da OTM

A concelleira Milagros Lantes recolleu o premio acompañada polo arquitecto xefe da OTM

A concelleira de Planificación e Desenvolvemento Urbano, Milagros Lantes, recolleu en Villanueva de la Serena (Badaxoz) o Premio Cidades que Camiñan 2018, outorgado aos concellos de Cádiz, Herrera de Duque e Carballo polas súas políticas de fomento da mobilidade peonil no bienio 2017-18. A concelleira acudiu ao Congreso da Rede de Cidades que Camiñan acompañada polo arquitecto xefe da Oficina Técnica Municipal, Alfredo Garrote.

 

Nos vindeiros días faranse públicas as conclusións do congreso, pero desde a asociación avanzan que a Rede de Cidades que Camiñan sae reforzada da súa asemblea anual, “e proxectamos novos retos para converternos no referente ibérico da mobilidade peonil urbana”, segundo indican.

A concelleira Milagros Lantes expuxo na xuntanza as liñas básicas do proxecto polo que o noso concello foi galardoado nesta edición dos premios, e no que se inclúen tanto medidas estruturais coma non estruturais encamiñadas á consecución de obxectivos coma a mellora da escena urbana e da calidade do espazo público, o protagonismo do peón, a redución dos atropelos, a mellora da calidade do aire, a introdución da bicicleta nos desprazamentos urbanos e a participación activa da cidadanía nas políticas de mobilidade sostible, entre outros.

O congreso celebrouse en Villanueva de la Serena (Badaxoz)

O congreso celebrouse en Villanueva de la Serena (Badaxoz)

Esas son as liñas mestras, por exemplo, da estratexia de mellora e xestión do espazo público que está en fase de elaboración ou a ordenanza reguladora do tráfico, a mobilidade e a seguridade viaria que se presentará para a súa aprobación polo pleno da corporación, con toda probabilidade, en novembro.  E tamén son as que marcan as actuacións urbanizadoras realizadas entre o ano pasado e o actual nas rúas Desiderio Varela, Martín Herrera, Ponte, Xúpiter, avenida das Flores, avenida de Bértoa, Chorís, contorna do CEIP San Luís Romero, contorna do CEIP A Cristina, rúa Sol e rúa Río (as 4 últimas en execución), así como a eliminación de barreiras nas rutas escolares ou os proxectos que temos en carteira para seguir actuando na mellora urbana, en concreto nas rúas Barcelona, Tarragona, Luis Calvo, Perú, Xílgaro, Luis Braille ou Bos Aires.

Ademais do recoñecemento ao traballo que se está levando a cabo, o Premio Cidades que Camiñan inclúe a publicación editorial dos proxectos polos que cada cidade merece o galardón, a organización dun concurso de ideas para a rexeneración dun espazo público e a opción a organizar a seguinte edición do congreso.

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

Tu derecho a la información en Xornal Galicia es gratis, pero sus redactores pagan un precio muy elevado con su propia vida tras ser perserseguidos por el gobierno de Feijóo. Ayúdanos simplemente renviado esta información..+  En directo https://youtu.be/ZNo_AGgTAnY con muchas tramas y exclusivas.... No te lo puedes perder....!  Ver más..+   

#NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+  CAPÍTULO 1 DE 7..+  -  CAPITULO 2 de 7..+  -  CAPITULO 3 de 7..+  CAPITULO 4 de 7..+  CAPITULO 5 de 7..+  CAPITULO 6 de 7..+  Capítulo 7 de 7...+   - ESPECIAL LUGURIA Y VICIO A COSTA DE LA SALUD Y DEL SERGAS. ..+   - EL SUEÑO ESPAÑOL DE #NACHO VIDAL...+   - La recompensa del #sueñoespañol a #NachoVidal del #sergas y #SegurançaSocial....+ - #NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+ Colabora y asesora Millán Calenti como vocal en las mesas de contratación del Sergas, etc..

lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.