Imprimir

O BNG TRASLADA AO PLENO DA DEPUTACIÓN DE OURENSE A OPOSICIÓN Á IMPLATACIÓN DUNHA UNIVERSIDADE PRIVADA EN GALIZA ORQUESTADA POR FEIJÓO

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Escotet aparece en todos los "Saraos de Feijóo" un juez paraliza la  autorización de la deuda de Nueva PESCANOVA por ser “persoa especialmente  relacionada” con Nueva Pescanova. - Xornal Galicia | Xornal GaliciaA organización nacionalista considera innecesaria a universidade privada de ABANCA calificada negativamente polo Consello Económico Social da Xunta, que duplica titulacións,  presenta un proxecto con graves deficiencias e que non fai máis que afondar nas desigualdades socias.

 

Ourense 25 de maio de 2021.  Bernardo Varela manifestou ante os medios a oposición do BNG  á universidade privada e a intención do BNG de concitar o apoio da corporación provincial para que este manifeste a súa oposición a unha Universidade elitista, innecesaria e contraproducente para os intereses e necesidades da sociedade galega e por ende da Ourensá, como é unha universidade privada en Galiza.

Desde finais de 2018 coñecemos os plans da fundación ABANCA para impulsar a creación dunha universidade privada en Galiza, sinala o voceiro do grupo provincial do BNG. Este é un proxecto de universidade para as élites sociais, pois establece uns condicionantes económicos para o acceso á estas titulacións que impiden o acceso ás clases populares. “Estamos ante unha universidade que impide a cohesión, que non obedece ao interese xeral da sociedade galega e que emprega a educación superior como unha mercadoría coa que facer negocio.”

 As institución públicas, e a Deputación en particular, indica Varela,  deben ser garante do esino para todos.  Así  os nacionalistas consideran necesario que a deputación manifeste a súa aposta firme e decidida pola Universidade Pública e esixa o reforzamento do Campus de Ourense. Garantindo os actuais Graos e Mestrados e a implantación (dunha vez) dos xa comprometidos, cunha dotación orzamentaria suficiente para garantir a súa competitividade, ó tempo que se estuda a incorporación de novas titulacións que amplíen e complementen a oferta do Campus Ourensán. E como primeiro paso para elo é a ampliación do número de titulacións do Sistema Universitario de Galicia e das prazas públicas nas titulacións máis demandadas.Escotet prepara la venta de Pescanova bajo la atenta mirada de Núñez Feijóo  - Vozpópuli

 “Unha universidade pública que debe contar ademais co financiamento necesario para, por unha banda, garantir o dereito fundamental á educación superior das galegas e galegos e, pola outra para constituírse como motor de cohesión social, de investigación e de desenvolvemento dos nosos sectores produtivos” declara Varela, polo que demadaremos que se actualice o plan de financiamento prorrogado co que contan as universidades galegas e que dificulta o seu desenvolvemento, nun intre como o actual en que o coñecemento se ten identificado dun xeito tan singular como a principal fonte de vida e futuro dos pobos. E sobre todo que en  ningún caso se destine recurso público algún á universidade privada dun banco ao que xa se lle agasallaron os aforros dos galegos e galegas e mesmo a xestión dos fondos Next Generation. Xa que por lóxica esto iría en detrimento dos fondos dispoñibles para o Campus de Ourense.Benvido a Tribuna de Galicia, un medio de comunicación que ten como sentido  da súa existencia un sinxela pero poderosa razón: contar a verdade. - Feijóo  le cobra el favor de la

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Ourense
Visto: 4132