Imprimir

Asturias e Galiza selan en Celanova un compromiso a prol da Memoria. HOMENAXE EN CELANOVA

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O día amenceu fresco e seco en Celanova e o primeiro acto de reparación da memoria dos presos republicanos no que foi patio da Prisión Central nos anos da guerra (e hoxe é patio do Instituto de secundaria) puido celebrarse 82 anos despois da terríbel xornada do 22 de setembro de 1939 cando Baldomero Vigil Escalera Vallejo, 19 años, pintor; Marcelino Fernández García, 21 años, mecánico; Guillermo de Diego Álvarez, 25 años, chofer; Alfonso Moreno Gayol, 26 años, chofer; Abelardo Suárez del Busto, 28 años, albanel; Belarmino Álvarez García, 29 años, mineiro; y Mariano Blanco González, 36 años, litógrafo; últimos defensores de Xixón, capturados, encarcerados e condenados a morte, foron fusilados contra un muro do cemiterio de Celanova e soterrados alí nunha fosa común que segue intacta.

Foi unha cerimonia sinxela coa participación dun cuarteto de clarinetistas da Banda Municipal de Celanova e un recital poético a cargo de Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer, dous autores comprometidos coa memoria das vítimas que rescataron algunha das composicións que teñen dedicado ás traxedias que se viviron en Celanova.

Foi unha cerimonia emotiva que comezou cun breve saúdo do Alcalde, Antonio Puga, que deu paso ás lembranzas de Celia Inés Feijoo Soto. A presidenta do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova recordou que o avó Camilo, e o pai dela, Constantino, “estiveron presos dentro destes muros aqueles días de terror fascista. Meu pai, como membro da última corporación municipal republicana no 36, propuxera facer deste edificio un instituto, un centro de ensino... precisamente o que é hoxe, un instituto de secundaria”.

Celia Feijoo agradeceu “ao valente pobo asturiano e ao seu goberno valente” ter respondido “á chamada deste modesto Comité dunha vila que para Asturias só significaba: dor, morte e silencio”, e sinalou que o Comité “aspira a algo máis que un descargo moral, e queremos que empecen a mudar aqueles sentimentos polos de xustiza, verdade e memoria”. A presidenta finalizou remarcando o compromiso que Asturias e a memoria galega selaban en Celanova: “Para que a partir de hoxe ese fío que nos une sexa ferro, ferro na memoria contra o esquecemento, contra o medo, contra ese fascismo que revive por todas partes”.

DEBER ÉTICO CONTRA O ESQUECEMENTO

Quiero que mis primeras palabras, en representación del Gobierno del Principado de Asturias con su presidente, Adrián Barbón a la cabeza, sean para agradecer de corazón al Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova que el asesinato de los siete republicanos asturianos perpetrado por el terror fascista no haya caído en el olvido”, dixo Manuel Calvo, director general de Administración Local do Goberno de Asturias.

La sociedad española tiene un deber de memoria con las personas que, como los Siete de Gijón, fueron perseguidas, encarceladas, torturadas e incluso perdieron sus bienes y hasta su propia vida en defensa de la democracia y la libertad”, engadiu.

O representante do Goberno de Asturias, que escusou a ausencia no acto da Directora general de Memoria Democrática, Begoña Serrano, subliñou que o Executivo asturiano “se ha propuesto dar un impulso a la Memoria Democrática como el único medio posible de restañar heridas, como un deber ético que es indispensable fortalecer para neutralizar el olvido y evitar de nuevo algunos de los episodios más trágicos de nuestra reciente historia”.

Calvo explicou que “la memoria de las víctimas del golpe de Estado, la Guerra de España y la dictadura franquista, su reconocimiento, reparación y dignificación, representan un inexcusable deber moral y democrático porque la historia no puede construirse desde el olvido y el silenciamiento de los vencidos”; e considerou, ademais, que “tenemos la obligación moral y democrática de eliminar los vestigios de la ignominia, de poner fin a esa memoria del Franquismo que se impuso a sangre y miedo durante décadas”.

Manuel Calvo rematou o seu discurso subliñando que “en esta batalla estamos también unidos y estoy seguro de que más pronto que temprano veremos retirar esa cruz de la Bandera de Marruecos que permanece en Outeiro da Obra levantada por los asesinos que sembraron el terror en esta bella, solidaria, y comprometida comarca de Celanova”.

OFRENDA FLORAL

No acto no cemiterio parroquial de San Breixo, a presidenta do Comité e o representante do Goberno de Asturias realizaron unha ofrenda floral no lugar onde foron soterrados os sete asturianos e que, segundo a memoria oral, permanece inalterado. Antes, un membro da CNT lembrou nun breve discurso o carácter solidario e fraterno do compromiso das vítimas. E o acto terminou coa lectura de dous poemas elaborados para a ocasión por Xoán Carlos Domínguez Alberte, sobre o cartel da homenaxe deseñado por Baldomero Moreiras, e Baldo Ramos, sobre os fusilamentos. Os versos da composición de Bado Ramos resumiron o espírito que move os traballos deste Comité.

Pero aquel sangue derramado
acabou percorrendo décadas de cadeas e silencio
para dar froito neste futuro
que lles devolve a vida na nosa memoria.

Porque imos facer por escribir
un final digno nas páxinas daquel libro branco
que deixaron aberto naquela mañá de setembro
os sete inocentes cribados a tiros
pola maldade e o oprobio dun pelotón da Falange
no cemiterio estremecido
de San Breixo en Celanova.

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Ourense
Visto: 2003