LETRAS GALEGAS: KODOKUSHIS

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

17demaiogalicianontennadaquecelebrar

Benvido a Tribuna de Galicia, un medio de comunicación que ten como sentido  da súa existencia un sinxela pero poderosa razón: contar a verdade. - Luís  Bará (BNG) denunció que María delAcontecen cousas ben chocantes (máis no sentido portugués de ferintes ca no galego- RAG de sorprendentes). Veredes, tras sete anos da aprobación da lei Paz-Andrade para o achegamento ao mundo da lusofonía abraia que fixera máis polo desenvolvemento desa lei a marca branca dalgún supermercado do que o Parlamento galego, concellos, sindicatos e outras institucións. E non precisamente ese supermercado que fachendea de vivir como galegos. CamiloJoseCelaaverdadedoescritorA marca branca daqueloutro supermercado aforrará custes identificando as mercadorías en dúas linguas, o castelán e o portugués. De resultas, por unha cambadela do mercado, moitos galegos recuperaron a palavra luva fronte ao castelanismo guante que aínda así vai gañando con folgura. O supermercado sabe que aos galegos vainos vender o mesmiño anque non nos fale na nosa lingua, non así aos portugueses. E, de resultas, nós decatámonos do mal que falamos a nosa propia lingua. Son cousas!...+

 Porén, non devemos desbotar esta conxuntura para mellorar o noso nível lingüístico. Así descubrín eu que borracha é a ficus elastica, o que nós chamamos goma por interferencia do castelán e non ten nada a ver con bébeda nin con aquelas laranxas borrachas polas que rifavamos cando nenos. Tambén aprendín que flocos son os do millo alén das folerpas de neve e os farrapos de gaita.

E falando de gaitas, a miña primeira lembranza de algo galego foi unha pequena gaita feitío souvenir que meus pais penduraran no recibidor da vella casa de Xoane sendo eu moi nena. Eu non sabía que tiñamos lingua propia pois cando nacín onde ía que nos fora expropiada. Meus pais só a empregavan de xeito emocional, cando contavan certas cousas ou cando berravan. Daquela eu non sabía que era un idioma, o que tería de ser meu, mais sentía que as cousas que máis amavan meus pais tiñan esoutra pronuncia. Cando dicía unha parvada meu pai chamavame panocha ou pinocha. Cando faciamos unha trasnada, miña nai dicía, por ex., que cativos, no hago obra de ellos. Porque miña nai era vilega, da Real Villa de Neda namentres meu pai era aldeán, de Pazos.

Eu coñecín o galego falado por escoitarllelo aos vellos e a algúns nenos que viñan a Ferrol dende as aldeas e aos que aínda nos meus tempos alcumávanos de pailáns. O galego escrito coñecino a través da poesía do Rexurdimento. Curros foi o primeiro pois meu pai adoitava recitar de memoria bocados de poemas maiormente do anticlerical celanovés. De súpeto, vindo a conto ou non, declamava Leis hai, din os ricos, que os probes protexen. Que leis nin que raios, Deus dixo entre dentes. Se che outra vin nunca, que o demo me leve!. Eu devecía por esas expresións. Na adolescencia foi meu irmao maior quen mercara livros galegos. Así coñecín a Rosalía, Pondal, Castelao, Pedrayo e tantos outros. Ensaios e novelas que me fixeron reparar en que o galego era unha lingua de seu non unha deturpación do castelán. Unha lingua perseguida e aldraxada polos proprios galegos. Non havía internet mais tiñamos aquela livraria pequecha, case clandestina, das dúas irmás, Delta, se a memoria non marra. Aquelas livreiras ferrolás fixeron máis polo galego do que calquera equipa de normalización lingüística.

Hoxe aprender galego é ben doado. Iso si, un galego pobre, castelanizado. Nunca tan capacitados estiveron os estudantes mais nunca tan pouco se falou. E como se pode ter competencia nunha lingua esmorecente?. Pode que só viaxando a certas aldeas relictos ou a Portugal, Brasil, Cabo Verde… mais para iso hai que ter algún elo cos devanceiros, coa nosa historia, un pouco de dignidade. O esforzo por aprender quen somos, por descubrir a nosa identidade ten máis vencello co mañá que co pasado, contra o que acreditan tantos progresistas desleigados.

Porque entrementres lle deamos as costas á nosa lingua, e malia a ter galegos morriñentos en Londres, poderemos fachendear de plurilingües, de dominar o castelán, inglés, chinés ou esperanto sen nos decatar de sermos dominados, como inermes kodokushis, eses mortos no isolamento que só se atopan, após longo tempo, porque non pagan os seus tributos, teñen as caixas dos correios atoadas de publicidade ou fican coas luces acesas a pleno sol sen se amolar polo calote do oligopolio elétrico. Uns ninguén que van para ningures.

IOLANDA TEIXEIRO REI

FERROL

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

Tu derecho a la información en Xornal Galicia es gratis, pero sus redactores pagan un precio muy elevado con su propia vida tras ser perserseguidos por el gobierno de Feijóo. Ayúdanos simplemente renviado esta información..+  En directo https://youtu.be/ZNo_AGgTAnY con muchas tramas y exclusivas.... No te lo puedes perder....!  Ver más..+   

#NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+  CAPÍTULO 1 DE 7..+  -  CAPITULO 2 de 7..+  -  CAPITULO 3 de 7..+  CAPITULO 4 de 7..+  CAPITULO 5 de 7..+  CAPITULO 6 de 7..+  Capítulo 7 de 7...+   - ESPECIAL LUGURIA Y VICIO A COSTA DE LA SALUD Y DEL SERGAS. ..+   - EL SUEÑO ESPAÑOL DE #NACHO VIDAL...+   - La recompensa del #sueñoespañol a #NachoVidal del #sergas y #SegurançaSocial....+ - #NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+ Colabora y asesora Millán Calenti como vocal en las mesas de contratación del Sergas, etc..

lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.