Denuncian un ERE encuberto de ESCOTET ( que oculta na súa publicidade ) na entidade galega que lle entregou Feijóo e que afecta a 240 traballadores/as

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado

A CIG-Abanca denuncia que a Dirección da entidade -que tivo uns beneficios superiores a 800 millóns de euros en 2 anos (o 77% das acción están en mans dunha soa persoa)- aproveitou o actual Estado de Alarma e as restricións de dereitos básicos para aplicar un ERE encuberto que destruirá 240 empregos indefinidos e impor unha modificación substancial das condicións laborais ampliando horarios, en base á reforma laboral non derrogada. A empresa alegou causa organizativas (ao fío da fusión por absorción da rede no Estado do Banco Caixa Geral) e produtivas.

 

O Convenio Colectivo de Aforro contempla que con carácter previo a instar un Expediente Colectivo as empresas deben abrir un proceso de negociación previo. Así Abanca puxo en marcha un período previo acadando un acordo con CCOO, UGT e SIB, “sen ter facilitado a documentación preceptiva para acreditar as causas, o que para a CIG é de extrema gravidade”, denuncia a sección sindical.

ERE encuberto, 240 extincións de “mutuo acordo”

A través dese acordo a empresa “retira” o Expediente de Despedimentos Colectivo, poñendo en marcha o que denominan prexubilacións para persoal maior de 58 anos a nivel galego, mediante “extincións de mutuo acordo”.

A empresa emitiu unha nota aos medios dicindo que o persoal terá dereito a un complemento polo 70% do salario bruto pero segundo os cálculos realizados pola CIG ao persoal afectado nalgúns casos percibirá o 55% do salario durante 5 anos, sen dereito ao desemprego, sen dereito á desgravación da indemnización de despedimento e sen garantías en canto a idade de xubilación anticipada.  

Ademais o persoal terá que subscribir un Convenio Especial (que pagará a empresa) até os 63 anos, pero sen garantías de xubilación anticipada, chegada a esa idade, e cando estaba aberto o debate para modificar o sistema de xubilación.  “Unha incerteza absoluta para o colectivo de máis idade da entidade que, ademais vai obter por esa a suposta "prexubilación" unha contía inferior  que unha indemnización por despedimento improcedente ”, advirten.

Incremento da xornada laboral

É posible reducir os horarios de atención ao público e ao tempo incrementar os horarios comerciais? En Abanca si. Segundo a sección sindical da CIG, a empresa ten un plan para pechar as caixas, é dicir restrinxir os servizos ao público, a partir da 11:00 da mañá. A partir desa hora só atenderá con cita previa e exclusivamente para a venda de produtos. Un plan , contra o que a CIG presentou Conflito Colectivo na Audiencia Nacional. Malia esa restrición no servizo no acordo amplíanse os horarios.

Abanca, coincidindo coa privatización, iniciou unha modificación substancial dos horarios en 2014. Desde aquela tivo uns beneficios de 3.026 millóns de euros, pero o persoal viu ampliada a súa xornada laboral e recortados os seus salarios.

Agora novamente Abanca, grazas a CCOO-UGT-SIB, poderá ampliar en 550, as persoas as que poderán ter horario flexible, que con esta ampliación practicamente afectará ao 45% do cadro de persoal. Un horario que para a CIG é un horario ilimitado, xa que a Entidade non conta cun rexistro de xornada real.

Estableceu tamén unha “flexibilidade” de media hora para o resto de persoal co obxectivo de dificultar o rexistro de xornada, “ao tempo que estende un horario distinto do establecido no Convenio Colectivo para todo o persoal, incrementando a xornada laboral”, aseguran.

No acordo estableceron ademais que a formación obrigatoria, que cada vez é maior para o persoal das entidades financeiras, poda ser realizada fora dos horarios pactados.

Entrega da documentación xustificativa con posterioridade a ter pechado o acordo

A sección sindical da CIG de Abanca denuncia tamén que con posterioridade a ter acadado un acordo, a empresa abriu un período de consultas, co único obxectivo de dar “legalidade”, constituíndo a mesa (facilitando nese momento a documentación preceptiva) e pechando o proceso na seguinte reunión.

Unha vez analizada a documentación para a CIG non quedaron acreditadas as causas alegadas, “pero CCOO, UGT e SIB xa tiñan asinado”.

Harmonización persoal Banco Caixa Geral

O acordo, adía a harmonización en materia de beneficios sociais para o persoal procedente do Banco Caixa Geral, mesmo até o ano 2021. Pero pactan que a partir do 1/7/2020 lle será de aplicación o Convenio Colectivo de Aforro, cando vence a ultractividade a 30/6/2020. A preguntas da CIG a entidade, e malia o pacto, negouse a defender no seo da patronal a prorroga do citado Convenio.

“A empresa ten beneficios multimillonarios, 800 millóns nos últimos dous exercicios e esta repartindo divindendos (o 77% para o maior accionista, Juan Carlos Escotet), medran as marxes, baixan os rateos de morosidade”, pero non seguen reducindo persoal cun ERE encuberto e recortando dereitos laborais”, denuncian dende a CIG, que anuncia mobilizacións para cando se levante o Estado de Alarma

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

lineaazul 1600

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.