107 colectivos recorren as Ordes da Xunta que permiten tramitar proxectos ambientalmente agresivos durante o estado de alarma

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado

EXCLUSIVA: El Gobierno del PPdeG en la Xunta reconoce en documento ...Tamén solicitan á Delegación do Goberno en Galicia que revise se estas disposicións se axustan a Dereito.

Máis dun cento de colectivos, entre os que se atopa ADEGA, presentaron Recurso de Reposición fronte a Orde da Consellaría de Medio Ambiente, do 27 de abril, e fronte a Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria, do 5 de maio de 2020 pola que se dá continuidade á tramitación de preto de 1000 expedientes administrativos durante o estado de alarma.

Este recurso foi presentado polo grupo de traballo denominado "Alerta Ambiental Galega", que nacía hai menos dun mes como resposta ao acordo do Consello da Xunta do xoves 30 de abril do 2020 (DOG deste 4 de maio) no que se aprobou reactivar a tramitación administrativa en materia de avaliación ambiental de 975 proxectos que estaban paralizados polo Real Decreto que declarou o Estado de alarma. Posteriormente, a Xunta de Galicia ditou unha nova Orde a través da Consellaría Industria, que se publicou no DOG do 11 de maio, pola que non só se daba luz verde á continuidade da tramitación de centros de expedientes administrativos con forte impacto ambiental, senón que lexitimaba á Xunta para aprobar tales proxectos industriais de grande impacto.

Petición de suspensión cautelar das ordes da Xunta

As entidades recorrentes piden a suspensión cautelar de ambas Ordes da Xunta por contravir o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo do 2020, polo que foi declarado o Estado de alarma, que estableceu con carácter xeral a suspensión dos termos e dos prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. Só contempla, como forma excepcional, que se poidan acordar, mediante resolución motivada, a continuación daqueles trámites que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos. 

Porén, a Xunta aproveita esa excepcionalidade do Real Decreto para subverter a regra xeral, e atribuírlle tal carácter a preto de mil expedientes que, na súa maioría non son de interese xeral nin son indispensables ou estritamente necesarios para o funcionamento básico dos servizos públicos. Ademais, a Xunta intenta xustificar en abstracto ao alcance do interese xeral de ditas excepcións, cando debería telo feito expediente a expediente ou proxecto a proxecto. Por tanto, estas dúas ordes da Xunta estaríase deixando sen efecto as disposicións previstas no Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma relativa á suspensión dos prazos administrativos.

Menoscabo dos dereitos dos administrados

Esta situación resulta especialmente grave, cando aínda nos enfrontamos a unha seria crise sanitaria e a poboación continúa con a estar limitada para o desenvolvemento de moitas das súas actividades de forma normalizada. Tamén están limitados os movementos e posibilidades de organización veciñal para responder a proxectos industriais de tan grande impacto. Por tanto, mentres dure o Estado de alarma os dereitos fundamentais dos administrados sofren un menoscabo e as persoas e colectivos temos menos posibilidades de exercer o control sobre a acción administrativa en materia de medio ambiente ou para evitar que dela se deriven ilegalidades.

Intervención da Delegación do Goberno

Así mesmo, as entidades recorrentes vimos de instar á Delegación do Goberno en Galicia para que atenda a ditos recursos de reposición e revise pola súa banda se as ordes das consellarías de Medio Ambiente e de Industria da Xunta de Galiza se axustan ás disposicións do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo do 2020, ou se pola contra as contraveñen.

Apoio social

O conxunto de 107 organizacións cidadás de toda Galicia, converteuse nun movemento social importante que mostra a preocupación ante unha Xunta que parece que goberna de costas aos intereses dos seus cidadás e que lle está a pedir que rectifique.

Eis, o listado de plataformas, asociacións e colectivos que presentaron o recurso: 

  1. A Rente do Chan-Pladever
  2. AAVV 3 de maio
  3. ADEGA
  4. Agrupaçom de Montanha Águas Limpas (AMAL)
  5. APEOM Outes
  6. Arquitectura Sen Fronteiras Galicia
  7. Asoc. galega Cova Crea
  8. Asoc. Petón do Lobo
  9. Asociación "Azos Feministas"
  10. Asociación a Picouta, Trazo
  11. Asociación Ambiental Senda Nova
  12. Asociación Amigos da Terra
  13. Asociación Corentena Producións
  14. Asociación Cultural A Rula
  15. Asociación Cultural Brisas do Quenllo
  16. Asociación Cultural Festival das Brétemas
  17. Asociación Cultural Lucerna - Cerceda
  18. Asociación Cultural O Naranxo (Lalín)
  19. Asociación Cultural O Quilombo
  20. Asociación de Afectados polo Vertedoiro de Lesta
  21. Asociación de Custodia do Territorio "Brexa"
  22. Asociación de guías acreditados das illas atlánticas de Galicia AGAIAS
  23. Asociación Ecolóxica Cultural Ridimoas
  24. Asociación Educativa y Cultural Animales del Mundo, AECAM
  25. Asociación Ekohuerta Agropuro
  26. Asociación Hortas do Val de Feáns
  27. Asociación O Ouriol do Anllóns, de Coristanco
  28. Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico
  29. Asociación para a defensa da natureza no Condado ADENCO
  30. Asociación para o coidado da terra Carabel das Cabras
  31. Asociación Pola Defensa da Ría (APDR)
  32. Asociación pola Defensa do Parque de Rosalía
  33. Asociación Rexeneración Autóctona
  34. Asociación Sociocultural Ecolectivo
  35. Asociación Sustinea
  36. Asociación Verdeval, do Val Miñor
  37. Asociación Victimas de la Justicia
  38. Asociación Xuvenil Comarea
  39. Associaçom cultural A Gentalha do Pichel de Compostela
  40. Axóuxere Editora
  41. BRIGA - Organizaçom juvenil da esquerda independentista galega
  42. Casalonga Limpa de Residuos
  43. Central Unitaria de Traballadoras (CUT)
  44. Centro Social Fuscalho da Guarda
  45. Co-mando Ghichas (Val Miñor)
  46. Colectivo Arroutada
  47. Colectivo Capitán Gosende
  48. Colectivo Ecoloxista do Salnés
  49. Colectivo Portalén de Terra de Montes
  50. Colectivo Terra de Pontedeume
  51. Colectivos en Loita
  52. Comisión de Asociación contra as minas da terra Cha
  53. Comisión de seguemento da minaría e defensa do rural Frades e Mesía
  54. Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
  55. Comité de Defensa de las Rìas Altas
  56. Comunidade de montes de mancomún de Tameiga
  57. Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Tameiga
  58. ContraMINAcción
  59. Corrente Vermella
  60. Ecoloxistas en Acción Galiza
  61. Epona Terra
  62. Federación Ecoloxista Galega
  63. Foro Social de Cangas
  64. Fridays for future A Coruña-Ferrol
  65. fridaysforfuture Teo
  66. Fundação Montescola
  67. Fundación Galicia Verde (Leboso-Forcarei)
  68. GEAS, Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes
  69. Greenpeace
  70. Grupo de Traballo A Eira do Ceesg ( Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia)
  71. Instituto de Estudos Miñoráns, IEM
  72. Instituto para la Monitorización Vecinal de Espacios Contaminado I.M.V.E.C.
  73. Interior Galego Vivo
  74. Lugo de cara ao Miño
  75. Lugo sen Mordazas
  76. Modepén Lugo
  77. Modepen Morrazo (Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas)
  78. MPI( Mocidade pola independência)
  79. Nais polo Clima Santiago de Compostela / Madres por el Clima
  80. Plataforma A Auga é Vida
  81. Plataforma Auga Limpa XA!
  82. Plataforma de Afectados pola Destilería de Contimunde (Rois)
  83. Plataforma de afectados polo vertedoiro Santiago de Compostela - Miramontes
  84. Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA)
  85. Plataforma Galega para a Defensa Animal e da Natureza
  86. Plataforma non máis eólicos Campelo Bustelo
  87. Plataforma pola convivencia ética coa fauna silvestre
  88. Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños
  89. Plataforma pola recuperación do Sar
  90. Plataforma Quijote Outes
  91. Plataforma rexeneration.net
  92. Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino Non
  93. Plataforma Vida e Ría ou Minaría
  94. Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo
  95. Salvemos a Comarca de Ordes
  96. Salvemos as fragas de Catasós
  97. Salvemos Monteferro
  98. Salvemos O Iribio
  99. SGO, Sociedade Galega de Ornitoloxía
  100. Sindicato Labrego Galego
  101. Sinha PACA (Plataforma de Activistas Culturais e Artistas) de Redondela
  102. Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins
  103. SOS GROBA
  104. Teo polo clima
  105. USDG - Unión Sindical de Docentes de Galicia
  106. Verdegaia
  107. Xente do rural Ponteceso
social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

lineaazul 1600

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.