O GRUPO SOCIALISTA ESIXE AO PP DE GALICIA QUE “ASUMA RESPONSABILIBILIDADES POLÍTICAS” DERIVADAS DOS CASOS DE CORRUPCIÓN DO PP

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

La Fiscalía de Galicia abre diligencias penales contra María del Mar Sánchez  Sierra y subsidiariamente contra Feijóo por presunta prevaricación y  blanqueo de capitales remitiendolas a la fiscalía Anticorrupción. - Xornal  GaliciaLa Fiscalía de Galicia abre diligencias penales contra María del Mar Sánchez  Sierra y subsidiariamente contra Feijóo por presunta prevaricación y  blanqueo de capitales remitiendolas a la fiscalía Anticorrupción. - Xornal  GaliciaPablo Arangüena asegura que “Feijóo chegou dopado á Presidencia da Xunta” trala convocatoria electoral de 2009 logo de que os documentos de Bárcenas sacaran á luz “2 millóns de euros en mordidas ao PP de Galicia” no ano 2006

 

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2021. O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, vén de esixir ao PP de Galicia que “asuma responsabilidades políticas” derivadas dos casos de corrupción do PP. Fíxoo, hoxe, no Pleno do Parlamento no marco do debate da creación da comisión de investigación sobre as conexións do PPdeG co financiamento ilegad do PP a nivel estatal e no mesmo día no que o Grupo Socialista levará a Pleno unha moción sobre este asunto.

Tanto o ex xerente do PP, Cristóbal Páez, como Bárcenas confirmaron que a última operación da caixa B do PP foi un pago en efectivo procedente do PP de Pontevedra por valor de 50.000 euros”, aseverou o responsable socialista, quen incidiu en que isto ocorreu en 2010 “cando o señor Feijóo e o señor Rueda levaban xa 4 anos como máximos responsables do PP de Galicia”.

Os señores Bárcenas e Páez teñen avogados distintos, estratexias procesuais distintas e lévanse recoñecidamente mal, pero aportan detalles distintos e perfectamente complementarios sobre este mesmo feito”, sinalou o socialista. Así, incidiu en que “Luis Fraga, sobriño o seu fundador e curmán do señor Puy, di que Bárcenas lle merece total credibilidade”.

Ademais, Arangüena sinalou que entre os documentos que presentou Bárcenas na Audiencia Nacional “hai unha relación detallada de ingresos de empresas” que “presuntamente era a contabilidade B do PP de Galicia cando Feijóo xa era presidente do partido, no ano 2006”.

A contía ascende, destacou, a “2 millóns de euros en mordidas do PP de Galicia, tres anos antes de que o señor Feijóo chegase a presidente da Xunta”. Isto supón, asegurou, que “o señor Feijóo chegou dopado á Presidencia da Xunta” logo da convocatoria electoral de 2009.

Ademais, o vicevoceiro socialista subliñou en que “na recente investigación do caso Kitchen sobre a espionaxe e roubo de documentación a Bárcenas, a única contabilidade que aparece citada como tal é xustamente a do PP de Galicia”.

Por todo isto, Arangüena considerou que a creación dunha comisión de investigación “está máis que xustificada” cando a primeira sentencia do caso Gürtel fala dun “auténtico e eficaz sistema de corrupción institucional”.

Así, incidiu, que é preciso “esclarecer a parte que lle toca ao PP de Galicia no entramado de corrupción que constitúen os casos Gürtel, Bárcenas e Púnica” e “tendo en conta que hai indicios que apuntan a que a corrupción do PP a nivel estatal pasa por Galicia e remata en Galicia”.

Finalmente, o vicevoceiro socialista criticou a “compracencia coa corrupción” de Feijóo e Rueda cando “a corrupción é tan normal no seu partido que parece que nin paga a pena falar dela”

FONDOS EUROPEOS NEXT GENERATION

Por último, Arangüena urxiu ao presidente da Xunta a “disipar as moito máis que fundadas sospeitas que pesan, precisamente, sobre o goberno que ten que contribuír a xestionar a maior riada de fondos europeos que recibiu Galicia”. Por iso, instou ao goberno galego a “ofrecer transparencia e garantías de que nin un euro dos fondos Next Generation van acabar nunha conta en Suiza ou Panamá”.

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

lineaazul 1600

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.