Máis de medio cento de veciñas suben o Monte da Neve para dicir NON aos eólicos en Celanova

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Pozos da LagoaA plataforma STOP EÓLICOS XURÉS-CELANOVA reuníu este sábado nunha mobilización de protestas contra a invasión eólica a máis de medio cento de veciñas, alén das que acompañaron à saída diante do Mosteiro de Celanova a primeira hora da mañá.

Máis de vinte asociacións e colectivos --entre elas, clubs deportivos, entidades veciñais como as de Vilanova dos Infantes e Ramirás, os Comités de Memoria Histórica da Comarca de Celanova e do Val do Limia, grupos ecoloxistas como Verdegaia, Adega, Amigos da Terra (que se sumou á andaina) e plataformas que loitan contra a invasión eólica en todo o país-- apoiaron a I MARCHA EN DEFENSA DA AUGA, A PAISAXE E O PATRIMONIO DA CASA DA NEVE na que tomaron parte máis de medio cento de veciñas da comarca, das terras da Baixa Limia e outras, así como algúns veciños que arrouparon aos participantes na saída.

A MARCHA partiu da Praza Maior de Celanova, diante do Mosteiro, e subiu precisamente ao catalogados como “lugares primitivos da fundación” do Mosteiro e da vila: o chamado Monte da Casa da Neve, onde unha empresa con sede en Alemaña pretende chantar un polígono eólico que convertería en terreo industrial máis de 500 hectáreas de prados e bosques, con 7 aeroxeradores de 180 metros de alto, visíbeis desde toda a contorna e aproveitando as facilidades que concede a normativa vixente para levantar unha instalación industrial a menos de 1 quilómetro das poboacións, algo que estaría prohibido en Alemaña.

No alto do monte, desde a chaira coñecida como Pozos da Lagoa, onde aínda non hai tantos anos emerxía a auga no inverno, os participantes foron guiados por Xosé Benito Reza, ex director xeral de Conservación da Natureza no goberno galego 2005-2009, e polo arqueólogo Davide Pérez, que sinalaron os impactos ambientais e patrimonios que ocasionaría o plan da empresa no caso de executarse. Visitáronse os lugares do neveiro da Casa da Neve, os restos da mina romana a ceo aberto, e a área que domina todo o val onde estudos recentes sitúan a Casa Grande da familia de San Rosendo e as Torres de Velbís. E tamén se indicaron os lugares de abundante presencia de mámoas no que os informes arqueolóxicos vén unha continuade do conxunto megalítico do Laboreiro.

Na marcha participaron veciñas de Bande, Muíños, Cartelle, Ramirás, A Merca, Ourense, Verea e Celanova, e algúns representantes políticos, como a parlamentaria do BNG, Noa Presas, e o concelleiro nacionalista en Celanova, Leopoldo Rodríguez, así como membros de colectivos ecoloxistas, como Amigos da Terra e Amigos das Árbores, integrados na Rede Galega Stop Eólicos na que a plataforma STOP EÓLICOS XURÉS-CELANOVA ten solicitado a súa inclusión. A última hora, tamén enviou a súa adhesión o colectivo de Mulleres Rurais As Pegureiras de Allariz, sumándose aos vinte e cinco colectivos que poden consultarse no cadro anexo.

STOP EÓLICOS XURÉS-CELANOVA agradece a todas o seu apoio e o esforzo dos participantes, e continuará as súas actividades presentando alegación á LAT do Xurés, que abre a porta a dous polígonos eólicos nos límites da Rede Natura en Baltar, e que (no caso da LAT) invade directamente a área de protección en Calvos de Randín e Muíños.

Celanova, 4 de agosto de 2021.

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

lineaazul 1600

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.