Imprimir

GONZALO CABALLERO ESIXE A FEIJÓO ACLARAR “POR QUE NON FIXO CORENTENA” TRAS UN ACTO DO PP CUN POSITIVO POR COVID

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O secretario xeral critica que Feijóo “se vanaglorie” de dar 10 millóns de euros en axudas á hostalería cunha caída do PIB de 6.000 millóns e reclámalle “poñerse as pilas para protexer á xente”

 

O voceiro socialista denuncia a “ausencia” de medidas da Xunta fronte á pandemia nos 100 primeiros días da lexislatura: “Abran o paraugas para defender á xente. Fagan en 2021 o que non fixeron en 2020”

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, esixiu hoxe a Feijóo que aclare “por que non fixo ningunha corentena” logo de participar nun acto do PP tras o cal se coñeceu o positivo en covid da conselleira de Mar.

Un acto, ademais, no que Feijóo “chegou a abrazarse a Pablo Casado sen máscara”, seguramente, ironizou o líder dos socialistas de Galicia, “para celebrar a oposición da caverna reaccionaria á lei de morte digna”.

Entendo que todo o mundo pode competer unha imprudencia, pero os que temos responsabilidades temos que ter a maior esixencia, e o primeiro, o presidente da Xunta”, sentenciou Gonzalo Caballero no pleno do Parlamento, antes de requirir información sobre “a corentena e o protocolo” que están seguindo quen participaron nese acto que o PP celebrou a porta pechada na cidade da Coruña.

Dea información a unha cidadanía que está preocupada polos contaxios, e que debe ter un exemplo de prudencia e de responsabilidade nos seus representantes públicos”, reclamou a Feijóo, antes de incidir en que o mandatario “ten que ser transparente” ao redor do sucedido.

Explique se houbo risco nese acto e por que vostede non fixo corentena”, remarcou o máximo dirixente do PSdeG, quen requiriu unha vez máis coñecer por que “se non houbo risco, se fixo un cribado masivo” con PCR aos asistentes.

PÓÑANSE AS PILAS”

Ademais, no contexto dunha pregunta sobre a xestión da crise da covid nos primeiros cen días de mandato de Feijóo, Gonzalo Caballero tirou dos datos oficiais para sinalar que en Galicia non se coñece a orixe de “dous de cada tres contaxios”.

Por iso, o voceiro do PSdeG no Parlamento reclamou unha vez máis coñecer o número de rastrexadores que operan en Galicia, logo de que Feijóo anunciara que hai 6.152 e esa cifra fora desmentida polo propio conselleiro de Sanidade. Máxime, como subliñou, á vista do levantamento das restricións nas festas do Nadal, para o que botou en falta un sistema “claro”.

En paralelo, fixo fincapé en que a Xunta está “ausente” no que atinxe á atención aos sectores máis afectados polas restricións derivadas da pandemia, e censurou que agora “se vanaglorien” de ter dado 10 millóns de euros en axudas á hostalería logo de nove meses dende a chegada da covid e dunha caída do PIB de 6.000 millóns de euros.

Tras contrastar estes fondos cos máis de 1.200 millóns de euros que o Goberno de España destinou a Galicia para pagar os ERTE e as prestacións de autónomos e desemprego, Gonzalo Caballero criticou a “publicidade enganosa” da Xunta ao prometer axudas de 2.000 euros para os autónomos de Galicia. “Habendo 200.000 autónomos, fan falta 400 millóns de euros, pero só consignan 87 millóns”, evidenciou.

Abran o paraugas para defender á xente. Póñanse as pilas, póñanse a traballar e fagan en 2021 o que non fixeron en 2020”, requiriu o líder do PSdeG, e preguntou a Feijóo “en que mundo vive, que non respalda ao tecido produtivo do país”

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Actualidad de Feijoo y Mar Sánchez
Visto: 2241