Imprimir

No último pleno, o Sr. Concelleiro Pepe Pérez, dixo que segundo os técnicos que el consultou, na ría de noia non existen sinais de calquer tipo de contaminación.

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Desde a plataforma para a defensa da ría de Muros e Noia PLADEMAR emprazamos ao concelleiro do Noia, José Pérez para que nos amose e nos explique polo miúdo aos mariscadores e demais traballadores da ría, eses estudos e traballos feitos polos técnicos a que se referiu, que segundo el di, o da contaminación da ría é todo un invento.

 

Que nos explique como é posible que os vertidos de vinte e dous concellos que evacúan os residuos na bacía do Tambre, conforme aos datos dos organismos oficiais EIEL E IGE, non afectan a ría.

Ou que nos explique como é posible que os niveis estratosféricos de metais pesados que saen minas de San Fins, corroborado por Augas de Galicia, non afectan á ría.

Ou que nos explique como é posible que a Universidade de Vigo publicase un informe sobre á ria de Noia o pasado 3 de maio de 2020 na prestixiosa revista científica revista Quaternary International no que demostra que existe contaminación por metais pesados, algúns deles canceríxenos, na ría de Noia, contaminación que nese mesmo informe relaciónalla directamente coa actividade mineira.

Ou que nos aclare tamén a onde van os vertidos de Noia, cando a actual depuradora está moi lonxe de depurar o cen por cento do vertidos, razón pola cal lévase 3 anos o baño prohibido na praia de Testal pola Axencia Europea de Medio Ambiente ( AEMA) e a Comisión Europea, que levan 8 anos detectando niveis estratosféricos de bacterias fecais na praia.

E a parte das explicacións que lle pedimos, pregámoslle ao concelleiro Sr. Pérez que convoque a “Mesa Municipal pola Calidade dos Recursos Naturais”, para que nos poña ao corrente desta situación e expoña publicamente toda a documentación que manexa sobre este asunto para que poidamos comprobar como é posible que os residuos de vinte e dous concellos, unha mina que expulsa auga con metais pesados, ou as augas fecais de 14.000 persoas, a maioría delas sen depurar, non contaminan a ría.

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Actualidad de Feijoo y Mar Sánchez
Visto: 2093