Imprimir

Instan á Xunta de Galiza á redución e paulatina eliminación das peaxes da AG 55 E AG57, de titularidade da administración galega

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Xoán M. Sande Muñiz, Portavoz do Grupo Municipal do BNG a Laracha, ao abeiro do Regulamento Orgánico Municipal presenta, para o seu debate no próximo Pleno Ordinario da Corporación, a seguinte MOCIÓN:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O Ministerio de Fomento vén de reabrir o debate sobre o repagamento mediante peaxe das autovías de titularidade estatal, reiterando unha proposta que xa fora anunciada en 2018 e 2019. Este debate abriuse despois de que a patronal das construtoras, ASEPAN, demandase este tipo de medidas para garantir contratos de concesión. Mais a medida ten tamén outras causas relacionadas co desequilibrio económico nas contas do Ministerio de Fomento a raíz de dúas decisións:

-O rescate das ruinosas autoestradas radiais madrileñas e doutras autoestradas, cun custo para as arcas públicas de máis de 3.000 millóns de euros.

-A supresión das peaxes en autoestradas nas que caduca a concesión entre 2019 e 2021, o que vai supor un custo duns 450 millóns de euros anuais. Ademais, o Ministerio de Fomento tamén aprobou o ano pasado bonificacións para o transporte en determinadas autoestradas, co conseguinte incremento do gasto orzamentario e da dispoñibilidade de recursos.

Como resposta a aquel primeiro anuncio de novembro de 2018, o Pleno do Parlamento Galego aprobou un acordo en decembro de 2019, a instancias do BNG, no que manifestaba unha rotunda oposición ao establecemento de peaxes nas autovías de titularidade estatal.

Ademais do carácter regresivo e do impacto negativo que tería para as persoas usuarias das autovías, para a seguridade viaria e para a competitividade das nosas empresas, a citada medida hai que analizala no contexto da situación da rede viaria estatal en Galiza e concretamente da situación das autoestradas de titularidade estatal, a AP 9 e a AP53. Por outra parte, en Galiza existen dúas autovías autonómicas con peaxes ás persoas usuarias, a AG 55 (Carballo - A Coruña) e a AG 57, o que supón un agravio e unha discriminación para residentes e empresas das respectivas comarcas, un atranco para a conectividade e a competitividade, e ademais incrementa a inseguridade viaria e merma a calidade de vida na contorna das estradas convencionais que atravesan zonas densamente habitadas.

É por todo o exposto con anterioridade, polo que o Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego somete a debate e aprobación polo Pleno deste Concello esta moción, propondo a adopción dos seguintes ACORDOS:

  1. Amosar a rotunda oposición da Corporación Municipal da Laracha á intención do goberno central de establecer peaxes nas autovías de titularidade estatal, por considerala unha medida regresiva que establece barreiras económicas no acceso a servizos básicos como son as infraestruturas viarias, porque incrementa a inseguridade viaria e porque supón un atranco para o desenvolvemento económico e a cohesión social de Galiza. Dar traslado deste acordo ao Ministerio de Fomento.

  2. Instar á Xunta de Galiza á redución e paulatina eliminación das peaxes da AG 55 E AG57, de titularidade da administración galega, polo agravio que supón para as persoas residententes e empresas das respectivas comarcas polas que transcorre.

A Laracha, 11 de maio de 2021

Asdo.: Xoán M. Sande Muñiz,

Portavoz do Grupo Municipal do BNG da Laracha

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Actualidad de Feijoo y Mar Sánchez
Visto: 1843