Imprimir

o Tribunal de Contas podría impedir legalmente que a Xunta asinase convenios coa Deputación provincial de Ourense

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Bernardo Varela pleno provincial ouBernardo Varela, voceiro do grupo provincial do BNG na Deputación de Ourense,  durante o transcurso da comisión de transparencia da Deputación provincial  sinalou  as duras críticas que o informe do Consello de Contas fai do ente provincial e demandou explicacións. 

 

Este informe reflexa unha visión externa  desta Deputación, indicou Varela, cunhas afirmacións tremendamente rotundas, que non por iso son novidosas. Pois cando sexan auditadas as contas de 2019 e as de 2020 seguramente serán igual de rotundas. “A Deputación de Ourense  é campiona da transparencia cando é auditada por un organismo privado, porén queda en evidencia cando é auditada por un organismo público como o Consello de Contas.”

Esta situación  deberá cando menos levar a unha reflexión do grupo de goberno provincial.  “O partido popular debe facerse á idea que esta situación pode xerar problemas cos convenios que se asinan coa Xunta de Galiza, pois ante unhas contas non declaradas, o Tribunal de Contas podría impedir legalmente que a Xunta asinase convenios coa Deputación provincial” sinalou Varela. 

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Tribuna de Feijóo
Visto: 2018