Os socialistas acusan a Feijóo de "agochar" 14.500 portátiles propiedad do ALUMNADO GALEGO

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

G. CABALLERO DEMANDA Á XUNTA QUE ENTREGUE OS 14.500 PORTÁTILES QUE O GOBERNO DE ESPAÑA ENVÍA PARA O ALUMNADO GALEGO E OS 234 MILLÓNS DE EUROS PARA PEMES E AUTÓNOMOS DE GALICIA

O líder do PSdeG advirte de que “Galicia non pode estar á espera dunha Xunta que non exerce”: “É o momento de esixir eficiencia”

O dirixente socialista reclama que compareza o conselleiro de Cultura para explicar o “fracaso” da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou hoxe á Xunta que entregue os 14.500 ordenadores portátiles con conexión a internet que o goberno de España empezou a enviar en abril para o alumnado galego, así como que poña a disposición das pemes e autónomos de Galicia os 234 millóns de euros transferidos á Xunta hai case un mes para axudas directas.

Galicia non pode estar á espera dunha Xunta que non exerce”, subliñou o dirixente socialista nunha comparecencia ante os medios de comunicación, consciente de que “é o momento de esixir eficiencia e de esixir máis capacidade ao goberno galego” para apoiar ás familias.

No que atinxe aos ordenadores para o alumnado, Caballero afeou ao goberno galego que teña parte dos 14.500 dispositivos “gardados” no canto de entregalos e facer fronte así á “exclusión tecnolóxica”.

Do mesmo xeito, o líder do PSdeG reprobou que a Xunta segue sen derivar os 234 millóns de euros de axudas directas a pemes e autónomos que tamén lle transferiu o goberno de España hai case un mes. “Cada día que pasa sen que o goberno galego transfira eses fondos, é un día de retraso na reactivación e na supervivencia do tecido produtivo”, evidenciou.

Non nos podemos permitir que a Xunta deixe sen exercer todas as posibilidades que ten”, afondou Gonzalo Caballero, quen chamou a reforzar a “resposta social” do executivo autonómico para “que ninguén quede atrás” logo da crise do coronavirus.

Neste sentido, o secretario xeral tamén requiriu á Xunta que renove os contratos aos profesores que foron contratados de forma extraordinaria neste pasado curso no ensino público a causa das circunstancias derivadas da pandemia.

RIBEIRA SACRA

En paralelo, reclamou a comparecencia do conselleiro de Cultura para dar conta diante do Parlamento do “xerro de auga fría” que supuxo que a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade non fora adiante. Gonzalo Caballero dixo que o conselleiro debe explicar “o que fallou” para que a candidatura non prosperara, o que supón un “fracaso colectivo que teñen que explicar o presidente da Xunta e o conselleiro de Cultura”.

Merecemos saber se a Xunta está a facer ben os deberes” nas candidaturas a Patrimonio da Humanidade logo dos informes técnicos da Unesco que botaron por terra as aspiracións da Ribeira Sacra, remarcou, ao tempo que criticou que ata o momento o conselleiro non dera “ningún paso” para explicar esta situación no parlamento e para que os galegos e galegas saiban “en que fracasamos” dende o goberno galego.

Sobre todo, como recordou, á vista de que hai outros proxectos sobre a mesa para optar a Patrimonio da Humanidade pola Unesco, como o caso das Illas Cíes e da cidade de Ferrol.

ISAURA ABELAIRAS

Finalmente, o portavoz do Grupo Socialista manifestou hoxe “todo o recoñecemento” ao traballo da deputada e exconcelleira de Vigo Isaura Abelairas, que faleceu a semana pasada, poñendo en valor o seu traballo na loita pola educación pública, pola igualdade e pola inclusión social.

Ademais, avanzou que dacordo ao indicado pola presidencia do Parlamento, o pleno comezará mañá martes cun minuto de silencio en memoria de Abelairas, quen será substituída pola xornalista viguesa Noelia Otero.

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

Tu derecho a la información en Xornal Galicia es gratis, pero sus redactores pagan un precio muy elevado con su propia vida tras ser perserseguidos por el gobierno de Feijóo. Ayúdanos simplemente renviado esta información..+  En directo https://youtu.be/ZNo_AGgTAnY con muchas tramas y exclusivas.... No te lo puedes perder....!  Ver más..+   

#NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+  CAPÍTULO 1 DE 7..+  -  CAPITULO 2 de 7..+  -  CAPITULO 3 de 7..+  CAPITULO 4 de 7..+  CAPITULO 5 de 7..+  CAPITULO 6 de 7..+  Capítulo 7 de 7...+   - ESPECIAL LUGURIA Y VICIO A COSTA DE LA SALUD Y DEL SERGAS. ..+   - EL SUEÑO ESPAÑOL DE #NACHO VIDAL...+   - La recompensa del #sueñoespañol a #NachoVidal del #sergas y #SegurançaSocial....+ - #NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+ Colabora y asesora Millán Calenti como vocal en las mesas de contratación del Sergas, etc..

lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.