A Rede Galega Stop Eólicos (RGSE) convida á presentación masiva de alegacións ata o vindeiro 18A Rede Galega Stop Eólicos (RGSE) convida á presentación masiva de alegacións ata o vindeiro 18de novembro e lembra que o proxecto éolico carece de licencia social e que os Tribunais terán aúltima palabra. A Paisaxe galega non se pode deixar en mans de empresas vencellas a paraísos fiscais ea Ertes.A Xunta de Galicia facilita o espolio eólico dos montes veciñais en man común da Serra da Groba a favorde Acciona a través dun Acordo da Xunta de Galicia de 29 de xullo de 2021, polo que declara o parqueda Xunta de Galicia de 29 de xullo de 2021, polo que declara o parqueeólico Albariño I como iniciativa empresarial prioritaria e a tramitación de urxencia deste proxecto,polo que só concede ao público e ás persoas afectadas 15 días para alegar. Trátase dun acordo quereflicte a historia dun espolio amañado para facilitar a perda de soberanía das comunidades de montessobre os seus territorios históricos.
No ano 2020 a decisión do Ecofin de incluír a Panamá e ás Illas Caimán entre os Estados noncolaboradores na transparencia financeira1 situaba en terreo pantanoso a 28 filiais de ACCIONA. Adoitanser entidades instrumentais ou financeiras que se utilizan para mover diñeiro. Unha das prácticas máishabituais de elusión fiscal das multinacionais consiste en triangular beneficios entre sociedades filiais paraxerar, en ocasións aparentemente, gastos cos que as ganancias, e en consecuencia a súa tributación,redúcense.Por outra banda, a empresa ACCIONA foi a única empresa do Ibex 35 que en plena pandemia polocoronavirus enviou os traballadores a un ERTE2.Non é o único caso de empresas coas que a Xunta de Galicia colabora estreitamente para afacilitación do espolio eólico. Tamén está o caso de IBERDROLA e NATURGY, ambas as dúas conparaísos fiscais e a primeira vencellada tamén a supostas tramas de corrupción cando en xuño deste anoun xuíz imputaba ao seu presidente por supostos encargos de espionaxe ao comisario xubilado Villarejo.https://www.publico.es/economia/nueva-lista-paraisos-fiscales-ue-salpica-al-ibex-35-diez-companias-operan.htmlhttps://www.elperiodico.com/es/economia/20210608/12-35-empresas-ibex-practican-11802712https://www.lamarea.com/2020/05/19/acciona-melia-ferrovial-ertes-y-paraisos-fiscales-en-el-ibex-35/https://www.businessinsider.es/27-companias-ibex-35-tenian-740-filiales-paraisos-fiscales-752627https://www.publico.es/economia/nueva-lista-paraisos-fiscales-ue-salpica-al-ibex-35-diez-companias-operan.html2https://elperiodicodelaenergia.com/acciona-la-unica-empresa-del-sector-que-presenta-un-erte-del-56-de-su-plantillade-erom-la-filial-de-mantenimiento-de-parques/http://www.izquierdadiario.es/ERTE-para-22-000-trabajadores-de-Acciona-se-estan-aprovechando-de-la-situacion A importancia secular dos montes da Groba e a PaisaxeEstá amplamente documentada a presenza humana ininterrumpida desde o Paleolítico. Todo o cursobaixo do Miño e as súas áreas de influenza dun e doutro lado do río gardan milleiros de evidenciasarqueolóxicas que xustifican esta afirmación. Están rexistrados nesta zona os más antigos xacementospaleolíticos coñecidos en Galicia, a evidencia do primeiro asentamento neolítico do noso país,multiplicidade de xacementos megalíticos, de arte rupestre prehistórica, do castrexo, daromanización...Con diferentes niveis de acerto hai quen asegura que estes montes foron hai moitos séculos o centro doterritorio de Turonium, antiga provincia ou condado de orixes incertas, ou o seu pasado galaico. Outrosafirman que sería un territorio xa romano e por último dise que podería ser unha provincia dos suevos.As cotas máis altas exceden os 600 m, como os Altos da Groba, e o da Gabiñeira, o Lousado, o CornoLadredo, As Teixugueiras, O Carroubelo... Polo oeste linda co Océano Atlántico, formando unha agrestecosta rochosa con montañas case a pé de mar dunha elevación de máis de 500 metros. Desde todosestes altos obteremos unhas panorámicas impresionantes, cunha gran visión de todo o sur da provincia dePontevedra e do norte de Portugal, da outra banda do "pai Miño". Ao leste linda coa Serra do Argalo, aoSur coa Guarda e ao norte con Val de Miñor e o mar de Baiona e Panxón.Asina:Rede Galega Stop Eólicos (RGSE):– Alianza Fragas do Sar– Ámigas das Árbores– Asemblea do Suído– Asociación A Volta Grande do Courel– Asociación Cultural Os Penoucos– Asociación Cultural, ecoloxista e de montaña Arnau– Asociación Ecoloxista SOS Groba– Asociación Monte Galego– Asociación para o Coidado da Terra Carabel das Cabras– Asociación Petón do Lobo– Asociación Salvemos Monteferro– Assoc. Rente ao Couce– Associação Monte da Chá– Associação Socio-Cultural O Iribio– CMVMC Monte Meme de Oza– Co-mando Ghichas– Contramínate Asociación Ambiental– Figurando Recordos – Sasdónigas– Fundação Montescola– InformAltaTensión Arteixo– Instituto Armegin– Instituto de Estudos Miñoráns (IEM)– Movimento Ecoloxísta da Limia (MEL)– Patrimonio dos Ancares– Plataforma de afectadas/os eólicos Vila de Cruces– Plataforma Cerdido di non– Plataforma de Defensa da Serra do Galiñeiro– Plataforma Eiqui Eólicos Non– Plataforma Interior Galego Vivo (IGV). Chantada– Plataforma Non ao Parque Eólico do Castrove– Plataforma Salvemos a Comarca de Ordes– Plataforma Stop Eólicos no Baixo Ulha– Quijote de Outes– Salvemos o Támega– Sindicato Labrego Galego (SLG)– Stop Eólicos Xurés-Celanova– Tarabelas Terra de Montes1