Imprimir

XXXIV Premio "Celanova, Casa dos Poetas", galardón que outorga anualmente a Fundación Curros Enríquez e que nesta edición concedeu ao Parlamento de Galicia

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández participou hoxe na entrega do XXXIV Premio "Celanova, Casa dos Poetas", galardón que outorga anualmente a Fundación Curros Enríquez e que nesta edición concedeu ao Parlamento de Galicia pola tradicional e estreita relación que esta institución leva mantendo ao longo do tempo coa entidade e con Celanova.

O vicepresidente do goberno provincial lembrou que con este recoñecemento a Fundación Curros Enríquez, da que é patrón a Deputación de Ourense, quere "salientar o esforzo que o Parlamento está a facer por abrirse ao país, tratando de ter presenza activa, máis alá da vida parlamentaria que desenvolve diariamente no Pazo do Hórreo, en tódolos ámbitos sociais, culturais e educativos, co fin de que poida ser entendida como a institución máis representativa da sociedade galega".

Durante o acto, o presidente da Fundación entregoulle ao premiado a medalla de prata conmemorativa do galardón, obra do escultor ourensán Acisclo Manzano, na que se fai unha simbólica alegoría aos tres grandes poetas de Celanova, ademais dun diploma, obra do pintor e poeta celanovés Baldo Ramos.

Previa á entrega do premio, tivo lugar unha ofrenda floral diante do monumento a Celso Emilio Ferreiro, para posteriormente, na Casa dos Poetas, desenvolver o acto de entrega do premio, que foi recibido polo presidente do Parlamento de Galicia en representación dos 75 parlamentarios. O acto contou tamén coa participación do presidente de fundación e alcalde de Celanova, José Luis Ferro; do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; e dos voceiros das formacións políticas do BNG, En Marea, PSdeG-PSOE e do PPdeG. Trala entrega do premio, o presidente do Parlamento de Galicia e os voceiros das formacións políticas asinaron no libro de honra da Fundación. A actuación musical durante a celebración correu a cargo de Amancio Prada e do Grupo de Gaitas de Celanova.

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Tribuna de Feijóo
Visto: 3366