Imprimir

Volve o Rally da Ulloa esta fin de semana

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
Rally da Ulloa
O Presidente presentou a cita deportiva que terá lugar 16, 17 e 18 de novembro, transcorre por Palas de Rei, Monterroso e Melide e reúne a 70 pilotos

A Deputación é a principal colaboradora con 24.000 euros. Os Concellos achegan un total de 18.000. A Xunta, a administración coas competencias directas e de maior orzamento público, decidiu destinar 7.000 euros

É a última proba do Campionato Galego de Rallys de Asfalto, sendo decisiva. Son 266 quilómetros de percorrido, uns 80 contra crono

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, presentou este martes na Praza de San Marcos o X Rally Comarca da Ulloa. Tras un ano de parón, esta fin de semana -16, 17 e 18 de novembro-, volve dita proba deportiva grazas ao principal apoio económico da Deputación de Lugo. Pois o Goberno Provincial converteuna na principal patrocinadora cunha achega de 24.000 euros. Os Concellos de Monterroso, Palas de Rei e Melide –polos que transcorre- achegan un total de 18.000 euros –son 6.000 euros por municipio-. A Xunta, administración galega coas competencias en deportes e a de maior orzamento público,  decidiu aportar 7.000 euros.

Campos Conde explicou que participarán 70 pilotos e destacou que “agardo que centos de persoas visitan e desfruten da Comarca da Ulloa esta fin de semana, pois esta cita é ademais a última proba do Campionato Galego de Rallys de Asfalto. Dende a Deputación, facemos todo o posible para a súa celebración. Somos os principais patrocinadores ao destinar 24.000 euros. E facémolo porque defendemos e cremos nos profesionais do motor e nesta modalidade deportiva como un revulsivo ou dinamizador social e económico da nosa provincia. Temos convertido á Deputación na principal colaboradora de todas as citas automobilísticas da nosa provincia: o Rally da Ulloa, de San Froilán ou as Subidas a Chantada e á Pontenova. Somos a primeira institución en España que ofrece axudas directas aos pilotos de Rallys. Cremos en vos, cremos no mundo do motor e agardamos que esta décima edición do Rally da Ulloa sexa todo un éxito para a nosa provincia e de xeito especial para a Comarca da Ulloa”.

Percorrido de 266 quilómetros
A décima edición do Rally Comarca da Ulloa está organizado pola Escudería Mix Rally Sports. O venres, 16 de novembro, disputaranse as verificacións administrativas e técnicas. O sábado 17, os motores comezarán a ruxir na Comarca da Ulloa. Ás 08:00 horas está previsto que tome a saída o primeiro participante desde o parque pechado de Monterroso, a onde volverán os pilotos unha vez termine a competición, a partir das 21:00 horas. O itinerario está composto por catro treitos a dobre pasada. O epicentro da competición será en Palas de Rei. Son en total 266 quilómetros, uns 80 contra crono.

Presentación
Hoxe no acto de presentación, tamén participou a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez López, que se está a encarga da seguridade; o Delegado da Xunta en Lugo, Jose Manuel Balseiro; o Alcalde de Monterroso, Miguel Rico; o Alcalde de Palas de Rei, Pablo José Taboada Canoira; os Deputados Provinciais Pablo Rivera Capón e Pilar García Porto e o Xefe do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Otero; o Presidente da Escudaría Mix Rally Sports, Ignacio Dávila; o Presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral Pérez e a Vicepresidenta da Escudaría Miño, Mayte Vilanova López

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Lugo
Visto: 2675