Imprimir

O Concello de San Cibrao das Viñas ten aberto un expediente sancionador por vertidos ao río Barbaña

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

barbaña vertidos A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil enviou a Amigos da Terra a proposta de resolución do expediente sancionador contra o Concello de San Cibrao das Viñas polos numerosos vertidos reiterados realizados nos anos 2018, 2019 e 2020, cun total de 18 vertidos dende xuño de 2018 ata xaneiro de 2020, e que foran denunciados por Amigos da Terra e pola plataforma Ríos Limpos, ademais de varios particulares.

 

A comunicación que o organismo fai á entidade ecoloxista está en relación ao expediente sancionador contra o Concello de San Cibrao das Viñas polo “incumprimento das condicións establecidas na autorización de vertido outorgada ao superar os limites máximos de emisión do vertido para os parámetros DQO ( demanda química de oxixeno) e deterxentes e as normas de calidade para fosfatos e deterxentes, todo elo causando danos ao dominio público hidráulico”.



Para Amigos da Terra resulta salientable que estes vertidos, producidos de xeito continuado durante os anos 2018, 2019 e 2020, ocasionaron “danos valorados en 184.745,68 €” como consecuencia dos danos producidos ao dominio público hidráulico a causa dos vertidos contaminantes de deterxentes, e unha indemnización en concepto de multa por importe dun millón de €, tratándose ademais dunha autorización de vertido do ano 2004, xa transgredida polo concello de San Cibrao en múltiples ocasións.

 

Temos que sinalar que dende a Confederación Hidrográfica Miño-Sil xa manifestou anteriormente a reiteración da conduta antixurídica pola entidade local do Concello de San Cibrao”, sendo este sancionado en múltiples ocasións dende os anos 2006 ata a actualidade polo incumprimento das autorizacións de vertidos. Ademais nesta ocasión concorren as circunstancias agravantes de transcendencia en relación coa seguridade das persoas e bens, dado que a zona onde se produciron os vertidos tratase dunha zona protexida.


Esta teima, reiterada e pertinaz, de infrinxir a legalidade levou ao organismo de conca a impoñer a sanción máxima prevista na lei para este vertido, que nesta ocasión esta tipificado como moi grave.

Pero esta nova multa é so a última dunha longa lista, de polo mais de 10 expedientes condenatorios nos últimos 10 anos, na que destaca a sanción que se lle impuxo por un importe que superaba os 114.000 euros por uns vertidos realizados en marzo de 2010, e en decembro de 2010 por importe de 32.832 euros, mais outras sanción de 18.700 euros no ano 2013, de 10.000 euros no 2015, e 83.000 euros no ano 2016.

 

“A imposición deste tipo de sancións, constitúen unha parte da educación ambiental necesarias para previr actos contaminantes pero que serán de todo ineficaces senón se complementan coa concienciación e sensibilización algo que, ata o de agora, non mostran as administracións galegas respecto ao coidado do medio ambiente e ao cumprimento estrito das leis que o preservan”, expoñen dende Amigos da Terra.

Tamén demandamos a aplicación de outro tipo de sancións denominadas funcionais, como a revocación de autorizacións ou o peche de instalacións alén da publicación dos datos empresariais daquelas empresas que danan ao medio ambiente e poñen en serio perigo a saúde das persoas. Está claro que esta depuradora é inútil e debe de ser substituída por unha nova infraestrutura, adecuada as necesidades presentes e futuras, que garanta o adecuado tratamento das augas residuais antes do seu vertido ao rio Barbaña.

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Ourense
Visto: 2336