Imprimir

César Mosquera asegura en Cádiz que "recuperar a cidade para a veciñanza é unha necesidade".. ¡¡¡ NOS PREGUNTAMOS, ENTÓN DE QUEN É ¡¡¡

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
O vicepresidente explicou hoxe no Colexio Oficial de Arquitectos de Cádiz o ‘modelo Pontevedra'

"Recuperar a cidade para a veciñanza é unha necesidade na sociedade actual".

O POLÍTICO DA DEPUTACIÓN PREGUNTA AOS VECIÑOS/AS DE CADIZ QUE PARECE SER SON OS QUE ESTÁN INFORMADOS...?

 

Así o asegurou hoxe o vicepresidente da Deputación César Mosquera no seu relatorio dentro da xornada sobre ‘Mobilidade urbana sustentable. Un consenso necesario' organizada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Cádiz (COAC), onde se falou con diversos expertos sobre a creación e transformación do espazo público nas vilas.

Mosquera explicou, abondando na experiencia de Pontevedra, que na vila do Lérez se demostrou que tan pronto houbo a mínima oportunidade a veciñanza recomezou a ocupar os espazos públicos, constatando así que non foi a cidadanía a que abandonou  voluntariamente os espazos públicos, "senón que a xente foi expulsada para dedicar ese espazo aos coches".

O vicepresidente subliñou que é posible reconverter a cidade nun espazo de calidade para a convivencia cun cambio de prantexamento e un bo coñecemento da mobilidade urbana. "É preciso comenzar e establecer as prioridades que definen a calidade urbana e subordinar o tráfico ao bo funcionamento da cidade, á autonomía dos nenos e nenas. Non se pode subordinar a cidade aos problemas e necesidades propias do tráfico en si", salientou.

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Pontevedra
Visto: 1522