Imprimir

Feijóo é unha bomba de reloxería para o colectivo LGTBI

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
 
Xornal Galicia - 25 N Día de la Eliminación de la Violencia de la Mujer sin  la presencia de los foros de Mar Sánchez SierraAs Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) presentaron este luns a súa campaña “Frente o odio, o noso orgullo” co gaio da celebración do colectivo do 28-X, coa que buscan denunciar a ameaza real que existe para as persoas LGBTI se o 23-J goberna o odio.
Na imaxe, vése un Feijóo e Santiago Abascal militarizados co obxectivo de trasladar o anacronismo que representan ambas formacións, cuxo concepto de progreso “quedouse estancado en 1939” sinalan dende a organización moza.
Borja López, secretario LGTBI de XSG, confrontou o modelo da “España das cavernas de Feijóo, co sentir maioritario da sociedade española que non quere volver á Lei de Vagos e Maleantes”.
 Xornal Galicia - Mar Sánchez Sierra ¿ Nó al aborto, sí a la PENA DE MUERTE  del periodista Miguel Delgado ?. El Sergas mandó a Madrid a abortar a una  paciente provocando
O socialista sinalou que o “PP adoptou felizmente o discurso da extrema dereita, algo que non lle custou tendo en conta que ten desmantelado o Observatorio Galego contra a LGTBifobia, o cal aínda fixo un amago de implicación con programas de formación que chegan tarde”.
Xurxo Doval, secretario xeral de XSG, declarou que “Feijóo estará disposto a derrogar ata a liberdade sexual, só ou acompañado. Galicia xa é un exemplo de silencio e complicidade co odio ante o pasividade dunha Xunta gris, a cal dedica unha minucia do seu orzamento ao colectivo”.PLADESEMAPESGA PRESENTA DENUNCIA ANTE VARIOS ORGANISMOS POR PAGAR CON  FONDOS PÚBLICOS PUBLICIDAD DE ODIO Y FOMENTAR LA VIOLENCIA DE GÉNERO -  Diario digital Tribuna Informativa Sobre la vida y obra política oculta
 
O líder mozo sentenciou que “Feijóo é unha bomba de reloxería para o colectivo LGTBI, as familias diversas e a liberdade e dereitos das persoas, tan só debemos observar o incumprimento reiterado da lei autonómica”. “Esta xente vive cómoda orgullosa do medo que xeran, pero realmente están medorentos do noso orgullo” sentenciou.
A organización moza ten previsto ademais realizar unha lectura do seu manifesto o próximo luns 26 pola tarde na Alameda de Santiago, xunto a estatua de Federico García Lorca, ademais dalgunha mesa informativa.

 

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Portada
Visto: 558