Imprimir

Los responsables de la USC empufan la universidad y venden las GALERAS para pagar el "pufo" por ellos creado

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado

PELOTAZO URBANÍSTICO A LA VISTA....?.- O Consello de Goberno da USC aprobou este martes por unanimidade destinar os 3.597.805 euros do primeiro prazo da venda do vello hospital de Galeras a amortizar dun xeito inmediato parte da débeda contraída co Estado coa fin de ter maior posibilidade financeira para a construción da nova facultade cando chegue o momento do investimento real.

 

Segundo o aprobado hoxe, amortizaranse anticipos reintegrables facilitados polo Ministerio de Economía e Competitividade para completar o co financiamento esixido por actuacións subvencionadas polo FEDER e que a USC aprazou no seu Plan Económico Financeiro de Reequilibrio.

En concreto, cancelaranse os préstamos que había que devolver en 2015 e cuxo pagamento estaba aprazado ata 2018 por importe de 2.067.506,53 euros; parte dos aprazados dende 2016 a 2019 por 1.153.746,45 euros; e 127.335,09 dos que se solicitou aprazamento en 2016 e non foi autorizado. Redúcese así a débeda por anticipos en 3.348.588,07 euros, situándose o total desta en 10,5 millóns.

Condena do plaxio
Na mesma sesión deste órgano de goberno, o reitor informou de que recentemente lle manifestou á CRUE a súa condena ante a acusación de plaxio ao ata agora reitor da Universidade Rey Juan Carlos por consideralo “un delito moi grave no ámbito académico”, un pronunciamento ao que hoxe se sumou o Consello de Goberno da USC.

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Portada
Visto: 6967