Mini Rivas: “Só nos faltaba que agora, ademais de ENCE, viñese Navigator a chuchar no noso monte”

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado

O BNG advirte do risco que supón para Galiza que a pasteira lusa Navigator Company vexa no monte galego un recurso idóneo para proverse de materia prima como medio de eludir as limitación para a plantación de eucalipto previstas no país veciño, o que agudizaría a eucaliptización do monte galego, que xa acumula 230.000 hectáreas máis das previstas no actual plan forestal da Xunta ata 2032.

“A nova regulación portuguesa para controlar e reducir o eucalipto é unha ameaza á esperanza de Galiza para optar por un monte racional, diversificado, multifuncional e sostible”, salienta o portavoz parlamentario de Agricultura

, Xosé Luís Rivas, que ve no interese da pasteira lusa por aprovisionarse de eucalipto neste país “unha ameazada engadida que pode converter o noso monte nunha explotación económica propia do século XIX de tintes coloniais”.

“Non nós chegaba con soportar a ENCE, senón que agora pretende vir a portuguesa Navigator a chuchar no noso monte, como se fósemos unha colonia á explotar, mesmo cun custe ambiental tremendo para o noso territorio, para que fagan negocio dúas pasteiras a cambio de arrasar co noso monte”, denunciou Rivas.

Para o deputado, “a plantación masiva e descontrolada de especies de pouca calidade nun monte de luxo, é un retrato da ineptitude do Goberno de Feijóo e da incapacidade do seu Goberno para sacar adiante un Plan forestal que dea alternativa racionais ao noso monte en beneficio dos e das galegas”, alegou.

Neste sentido, Rivas lembra que a portavoz nacional, Ana Pontón, xa propuxo ao presidente do Goberno consensuar un Plan de ordenación integral do monte galego, que mude o actual modelo centrado no monocultivo de eucalipto ao servizo de ENCE para pasar a outro que xere riqueza desde o punto de vista ambiental, social e económico. Como primeiro paso nese plan, o BNG propón unha moratoria para frear a expansión do eucalipto, así como a suspensión definitiva da especie nitens.

Nin unha soa hectárea nova de eucalipto en Galiza, reclama a formación nacionalista, dado o  descontrol desta especie altamente combustible, e lembra que o resto do Estado e países europeos fixeron un proceso de repoboación maioritariamente con especies autóctonas. En Galiza só 300.000 dos 8,2 millóns de metros cúbicos que se cortan son de madeira de calidade procedente de especies autóctonas.

Rivas salientou, ademais, a repercusión directa da invasión do eucalipto nun problema ambiental de primeira orde como son os incendios, que cada ano queiman miles de hectáreas e centos de millóns de euros, a Xunta optou por pregarse aos intereses de ENCE, “esperemos que non pise o acelerador cara o abismo dándose cobertura ás pretensións de pasteiras foráneas”, concluíu.

O BNG tamén pon sobre a mesa tres medidas concretas en relación coa ordenación do monte: Un plan para potenciar a transformación da madeira e xerar valor engadido e, polo tanto, máis ingresos económicos e máis emprego en Galiza, beneficios fiscais para incentivar o coidado e ordenación do monte, -“porque un monte limpo e ordenado con especies autóctonas é o mellor antídoto contra os lumes”- e, por último, impulsar un aproveitamento multifuncional do monte.

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

Tu derecho a la información en Xornal Galicia es gratis, pero sus redactores pagan un precio muy elevado con su propia vida tras ser perserseguidos por el gobierno de Feijóo. Ayúdanos simplemente renviado esta información..+  En directo https://youtu.be/ZNo_AGgTAnY con muchas tramas y exclusivas.... No te lo puedes perder....!  Ver más..+   

#NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+  CAPÍTULO 1 DE 7..+  -  CAPITULO 2 de 7..+  -  CAPITULO 3 de 7..+  CAPITULO 4 de 7..+  CAPITULO 5 de 7..+  CAPITULO 6 de 7..+  Capítulo 7 de 7...+   - ESPECIAL LUGURIA Y VICIO A COSTA DE LA SALUD Y DEL SERGAS. ..+   - EL SUEÑO ESPAÑOL DE #NACHO VIDAL...+   - La recompensa del #sueñoespañol a #NachoVidal del #sergas y #SegurançaSocial....+ - #NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+ Colabora y asesora Millán Calenti como vocal en las mesas de contratación del Sergas, etc..

lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.