O BNG acusa a Feijóo de montar un fiasco de 9.000 millóns de euros e pidénlle que Reclámalle o contrato polo que pagou un millón de euros a KPMG

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado

A portavoz nacional, Ana Pontón, pediulle ao presidente da Xunta que dimita polas súas mentiras e falsificacións en relación á suposta auditoría de KPMG que, segundo a propia empresa, finalmente nin era auditoría nin recomendaba a fusión das caixas pero que foi esgrimida por Feixóo para xustificar unha cadea de decisións que supuxeron a liquidación do sistema financeiro, un fiasco de 9.000 millóns de euros e a perda de milleiros de postos de traballo.

 

“Pensa que pode seguir como presidente de Galiza despois de mentirlle aos galegos e ás galegas sobre un asunto tan serio como o sistema financeiro? Pensa que pode seguir como presidente despois de falsificar unha auditoría, pola que pagamos un millón de euros, que resulta que nin era auditoría, nin recomendaba a fusión das caixas?”, interpelou Pontón na sesión de control ao xefe do Executivo.

En resposta, a dirixente do Bloque ten claro que Feixóo debe dimitir: “Pida perdón aos galegos e as galegas polas súas mentiras e falsificacións, e despois teña a coraxe de dimitir, porque este país non se merece un presidente que lle minte aos galegos e as galegas”, demandou, indicándolle que siga o exemplo da que fora presidenta de Madrid.

“Se Cifuentes dimitiu por falsificar un master, non pode dicirnos que non pasa nada por falsificar unha auditoría con gravísimas consecuencias para este país”, alegou, ao tempo que lembraba que “a falsidade documental e a prevaricación son delitos tipificados no código penal”.

Pontón tamén lle fixo outras dúas demandas a Feixóo, a remisión á Cámara do contrato e da documentación íntegra entregada por KMPG e desbloquear  os traballos da comisión de investigación das caixas.

“Levante o veto á comisión de investigación das caixas de aforro e dea a cara neste Parlamento, e entregue dunha vez a documentación completa desa suposta auditoría  e o contrato polo que pagamos un millón de euros”, solicitou, sen que o presidente da Xunta contestase a ningún destes requirimentos,  máis aló de replicar coa existencia de 300.000 folios que supostamente están entre as paredes do Pazo do Hórreo pero aos que ningún grupo da oposición tivo acceso.

“O único que vimos foi un power point de 40 folios que nin podemos fotocopiar, non creo que pagase por iso un millón de euros”, alegou.

1,8 millóns de euros perdoados ao PP

A persistencia de Feixóo na súa negativa a facilitar esa documentación é, para o dirixente do Bloque, unha proba máis de que o presidente da Xunta só pretende agochar as súas mentiras e falsificacións.

“Agora enténdemos mellor o seu  veto a que este Parlamento tivera acceso á documentación íntegra desa suposta auditoría, entendemos mellor porque o PP ten paralizada a comisión de investigación das caixas e entendemos mellor  porque certos ex-directivos das caixas, blindados con indemnizacións millonarias, din no Congreso que non se acordan de se lle perdoaron ao Partido Popular de Galiza unha débeda de 1,8 millóns de euros”, concluíu.

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

Tu derecho a la información en Xornal Galicia es gratis, pero sus redactores pagan un precio muy elevado con su propia vida tras ser perserseguidos por el gobierno de Feijóo. Ayúdanos simplemente renviado esta información..+  En directo https://youtu.be/ZNo_AGgTAnY con muchas tramas y exclusivas.... No te lo puedes perder....!  Ver más..+   

#NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+  CAPÍTULO 1 DE 7..+  -  CAPITULO 2 de 7..+  -  CAPITULO 3 de 7..+  CAPITULO 4 de 7..+  CAPITULO 5 de 7..+  CAPITULO 6 de 7..+  Capítulo 7 de 7...+   - ESPECIAL LUGURIA Y VICIO A COSTA DE LA SALUD Y DEL SERGAS. ..+   - EL SUEÑO ESPAÑOL DE #NACHO VIDAL...+   - La recompensa del #sueñoespañol a #NachoVidal del #sergas y #SegurançaSocial....+ - #NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+ Colabora y asesora Millán Calenti como vocal en las mesas de contratación del Sergas, etc..

lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.