Plataformas en defensa do territorio exixirán a paralización inmediata de todos os proxectos eólicos en trámite, no marco dunha xornada de mobilización en toda Galiza.

Información
Agenda | 07 Diciembre 2021 | Correo electrónico | Imprimir
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Marcha en Celanova contra o proxecto de central eólica da alemana Bay Wa a principios de setembro 1As plataformas Salvemos O Támega-Adega Monterrei, Salvemos as Montañas de Trevinca, Stop Eólicos Xurés-Celanova e Stop Parques Eólicos en Chandrexa de Queixa, co apoio de colectivos ecoloxistas Amigas das Árbores, Amigos da Terra, Amigos das Cegoñas, Ecoloxistas en Acción, Movemento Ecoloxista da Lima, e do Sindicato Labrego Galego e o CSA Cambalhota de Allariz convocan á veciñanza de Ourense á mobilizarse contra a invasión eólica destas comarcas este sábado en Laza (praza da Picota, 16:00 horas).



A mobilización fai parte dunha xornada de protesta en toda Galiza, onde están convocadas outras 21 concentracións ou marchas en defensa do territorio baixo o lema “Na defensa das montañas” impulsadas pola Coordinadora Eólicas Así Non, que reúne a 170 entidades e asociacións de activistas de todo o país.


En Ourense, tamén está prevista outra concentración, en Castro Caldelas, ás once horas do sábado.


Durante a concentración en LAZA darase lectura a un manifesto que resume as demandas do movemento galego contra a invasión eólica e no que se pide a paralización inmediata de todos os proxectos en tramitación (tanto a nivel estatal como autonómico) que afectan estas comarcas de Monterrei, A Limia, Baixa Limia, Terras de Celanova, Ourense, Allariz-Maceda, Terras de Caldelas e Terras de Trives, así como outros proxectos de centrais eólicas ou liñas de alta tensión que afectan parcialmente a comarcas lindeiras con Lugo e Pontevedra.


Segundo as estimacións dos colectivos convocantes, a ameaza eólica que pesa sobre a provincia de Ourense resúmese en 44 novos polígonos de explotación eólica con 469 novos aeroxeradores que afectan total ou parcialmente a territorio destas comarcas. É dicir, o número de centrais e de aeroxeradores xa existentes multiplicaríase por dous.


Os colectivos chaman ademais a atención sobre que as novas máquinas son cen metros máis altas que as actuais, cos conseguinte agravamento dos impactos medio ambientais, patrimoniais, paisaxísticos e para a saúde humana.


Tamén advirten do engrosamento da privatización do territorio e dos recursos enerxéticos, nun espolio que lideran compañías como Iberdrola, Greenalia, Green Capital, Statkraft ou Bay Wa.

“Todas as grandes montañas desta parte do país serán colonizadas polos polígonos eólicos e todos os nosos espazos naturais protexidos ficarán rodeados”, alerta o manifesto para mostrar a preocupación dos colectivos ambientalistas pola viraxe nas políticas públicas de conservación do territorio que parecen encamiñadas a renunciar a ampliación da Rede Natura e doutras figuras de protección , cedendo aos intereses das grandes corporacións enerxéticas.

Colectivos convocantes:

Amigas das Árbores

Amigos das Cegoñas

Amigos da Terra

CSA Cambalhota de Allariz

Ecoloxistas en Acción

Movemento Ecoloxista da Lima

Salvemos as Montañas de Trevinca

Salvemos O Támega-Adega Monterrei

Sindicato Labrego Galego

Stop Eólicos Xurés-Celanova

Stop Parques Eólicos en Chandrexa de Queixa

social youtube xornalgalicia   feed-image

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

Tu derecho a la información en Xornal Galicia es gratis, pero sus redactores pagan un precio muy elevado con su propia vida tras ser perserseguidos por el gobierno de Feijóo. Ayúdanos simplemente renviado esta información..+  En directo https://youtu.be/ZNo_AGgTAnY con muchas tramas y exclusivas.... No te lo puedes perder....!  Ver más..+   

#NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+  CAPÍTULO 1 DE 7..+  -  CAPITULO 2 de 7..+  -  CAPITULO 3 de 7..+  CAPITULO 4 de 7..+  CAPITULO 5 de 7..+  CAPITULO 6 de 7..+  Capítulo 7 de 7...+   - ESPECIAL LUGURIA Y VICIO A COSTA DE LA SALUD Y DEL SERGAS. ..+   - EL SUEÑO ESPAÑOL DE #NACHO VIDAL...+   - La recompensa del #sueñoespañol a #NachoVidal del #sergas y #SegurançaSocial....+ - #NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+ Colabora y asesora Millán Calenti como vocal en las mesas de contratación del Sergas, etc..

lineaazul 1600