ESQUERDA UNIDA DENUNCIA O CONTINUO DESPREZO DO SERGAS POLO PERSOAL SANITARIO NO CHUO E APOIA AS DEMANDAS DAS TRABALLADORAS

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado

Feijóo utiliza a su prima Eloina Núñez para despedir del Sergas al ...O pasado venres, persoal sanitario do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense concentrábase ás portas do hospital reclamando que a Consellería de Sanidade respete o seu dereito á saúde como traballadoras e traballadores. O persoal puxo de manifesto a ausencia de protocolos uniformes para todo o SERGAS en materia preventiva en relación ao Covid-19, advertindo que non se están a facer PCR ás profesionais con sospeita de terse infectado.

 

Unha vez máis Félix Rubial, xerente actual do CHUO, despreza ao persoal sanitario, eludindo un risco moi importante para a súa saúde pero tamén para a das persoas usuarias. Xa que a non asunción das mínimas medidas de prevención ante un posible contaxio, podería supor que calquera persoa traballadora servise coma vector da enfermidade no propio centro ou nos seus domicilios.

Desde Esquerda Unida enténdese que esta situación é dunha imprudencia intolerable e denuncia o continuo desprezo do SERGAS e da Consellería de Sanidade polo persoal do CHUO, que durante anos leva facendo públicas todo tipo de carencias que poñen en perigo a saúde de persoal e usuarias.

Así a Coordinadora Nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, lembraba que “nos últimos anos o persoal leva denunciando a presencia de ratas na cociña, pingueiras, chans irregulares, como na unidade de coronarias, supresión das prazas de formación de farmacia, recorte e mesmo eliminación de servizos, coma o caso da cirurxía pediátrica, ausencia de persoal suficiente en moitos servizos, coma pode ser medicina interna e un longo etcétera, sempre trufado de mal trato ao persoal e desprotección do mesmo.”

 

“No caso do Covid, a non realización de probas e a ausencia de medidas para previr a propagación entre as e os sanitarios é unha auténtica temeridade e significa unha desigualdade en relación a protocolos doutras áreas. Non se pode entender que unha e outra vez o SERGAS manexe normas internas distintas dependendo do lugar onde se apliquen e que case sempre Ourense sexa prexudicada neste baremo” indica Eva Solla.

Esquerda Unida dirixirá unha pregunta ao Parlamento de Galicia pola vía popular coa fin de que a Xunta de Galicia aclare que vai facer para protexer ao persoal do CHUO do Covid-19.

 

 

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

lineaazul 1600

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.