A Asociación de Psicólogos Clínicos do SERGAS alerta da urxente necesidade de incorporar especialistas en Psicoloxía Clínica ante o impacto da COVID-19 na saúde mental

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Benvido a Tribuna de Galicia, un medio de comunicación que ten como sentido  da súa existencia un sinxela pero poderosa razón: contar a verdade. - El  INNIBIC adscrito al Sergas recibe subvenciones

A Asociación de Psicólogos Clínicos do SERGAS (APCS) veu denunciando, tanto en escritos como en diferentes aparicións nos medios de comunicación, a pésima calidade na atención en saúde mental en Galicia. Ratios deficitarias de profesionais, longas listas de espera, unidades de saúde mental con gran sobrecarga e falta de programas específicos de prevención ou promoción da saúde. Se esta situación é grave, éo aínda máis no que respecta á atención psicolóxica.

Os psicólogos especialistas en Galicia temos unha das ratios máis baixas de toda España, uns 3 psicólogos clínicos por 100.000 habitantes, e unha practicamente nula contratación e creación de novas prazas durante os últimos 20 anos. Esta escaseza de psicólogos clínicos faise patente nas dificultades de accesibilidade de pacientes á atención psicolóxica, esperas de máis de 6 meses e unha presión asistencial que dificulta a atención e o seguimento adecuado dos casos. No ano 2020 aínda existen unidades que carecen de psicólogo clínico.

Todo isto está a dar lugar a un abuso dos tratamentos farmacolóxicos e a unha patoloxización de problemas psicosociais. Igualmente, desde esta Asociación veuse denunciando a necesidade de que este colectivo conte cunha estrutura organizativa propia dentro dos Complexos Hospitalarios de cada área sanitaria, por exemplo, coa creación de servizos propios de psicoloxía clínica. A nosa profesión non está presente nin representada nos órganos de xestión e organización, o cal “quizais” garde moita relación cos déficits anteriormente mencionados.

As consecuencias destes dous feitos; é dicir, a escaseza de psicólogos especialistas e a falta dunha organización propia fíxose fixéronse, se cabe aínda máis patentes durante os meses que levamos de alarma sanitaria. Ditas consecuencias radican nunha falta de organización, planificación e información, con respecto ás actuacións en saúde mental derivadas do COVID. Gustaríanos destacar que a ausencia dun reforzo psicolóxico nas unidades de saúde mental que poidan dar unha resposta rápida a demandas urxentes de pacientes cuxa sintomatoloxía se pode exacerbar ante esta situación.EXCLUSIVA DEL ADELANTO ELECTORAL A LA XUNTA DE GALICIA PARA EL MES DE ABRIL  CON SEGURIDAD CERCANA AL 98% FILTRADA POR MAR SÁNCHEZ SIERRA - Xornal  Galicia

Ademais dunha falta de coordinación cos dispositivos de Atención Primaria para establecer unha forma de derivación para pacientes que necesiten da devandita axuda. Isto é serio, sabemos que a tardanza na atención pode empeorar o curso e evolución do problema e da súa sintomatoloxía evolucionando en moitos casos cara á cronificación sintomatolóxica. Dise que as consecuencias psicolóxicas da COVID-19 aínda están por vir en función dos cambios socioeconómicos que se poidan dar, pero o que si que sabemos é que durante estes meses xa se está notando un aumento de malestar anímico, da sintomatoloxía ansioso-depresiva. De feito, segundo un informe do CIS deste mes de outubro, un 55% dos enquisados responderon que solicitaran axuda especializada a un psicólogo.

Outro aspecto que observamos deficitario foi a falta de coordinación de dispositivos de axuda á poboación tipo Cruz Vermella, Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) etc., que facilite o que desde estes dispositivos se poida derivar á rede de saúde mental aqueles casos que o necesiten sen ter que seguir as canles ordinarias e un tempo de espera innecesario.

Se estamos a vivir unha situación excepcional as medidas teñen que ser tamén excepcionais. E estas medidas deben incluír programas específicos a poboacións de risco, persoas maiores, persoas que viven soas e outras persoas vulnerables. Xa na área hospitalaria, a atención psicolóxica nas UCI, plantas COVID e outros dispositivos hospitalarios é tamén deficiente, quedando a cargo dos psicólogos clínicos de interconsulta, da súa voluntariedade e repercutindo no seu traballo habitual.

Da mesma maneira, o apoio e axuda psicolóxica aos profesionais sanitarios quedou marxinada; neste sentido, é de destacar como nalgunhas áreas mesmo houbo un intento de minimizar e reducir a nosa presenza e a accesibilidade dos sanitarios á axuda e apoio psicolóxico. Finalmente, preocúpanos a falta de previsión de futuro. Como comentamos, as consecuencias da pandemia no que a saúde mental e problemas psicolóxicos refírese está por vir.Feijóo y Mar Sánchez Sierra están ocultando material de prevención del  coronavirus para facilitar el contagio y aumento de positivos en la tercera  edad y personal del Sergas. - Xornal Galicia

A crise económica que se espera, a perda de postos de traballo, poder adquisitivo e todo o que iso implica, como xa vimos na crise do 2008, fainos pensar que nos próximos meses van aumentar os problemas psicolóxicos, a demanda para a súa atención e as listas de espera que, se xa son longas, aínda o serán máis. Desde esta asociación solicitamos que desde cada área sanitaria se organice todo este traballo, se valoren as necesidades e se planifiquen estratexias que inclúan a importancia dunha boa asistencia psicolóxica accesible aos cidadáns, e a creación das prazas necesarias para iso. Sábese que investir en sanidade, investir en saúde mental, supón unha diminución do sufrimento, unha mellora da calidade de vida e un dereito que teñen os cidadáns.

 

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

lineaazul 1600

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.