Denuncian que o Feijóo deu ordes para protexerse el mesmo e seu equipo do coronavirus abandoando a sua sorte ao persoal

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado

A pesar das multiples solicitudes de convocatoria dos comités de Seguridade e Saúde laboral feitas pola CIG dende o 5 de marzo perante o potencial risco de infeccion do coronavirus, a resposta da Xunta está sendo completamente dilatoria. Así o denuncia a CIG-Administración Autonómica, que alerta de que "o caos e improvisación son a tonica nos edificos administrativos e os centros de atencion social da Administración autonómica".

 

O pasado 5 de marzo 2020 , o sector de Autonómica da CIG-Administración solicitou a convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Intercentros para acordar a implantación de medidas de prevención de riscos diante da infección do COVID 19 no ámbito laboral da Xunta de Galiza. A resposta foi convocarnos para o día 17 de marzo como un punto máis da orde do día da xuntanza ordinaria.

Ante a evolución da epidemia nos últimos días e as medidas adoptadas o día 9 polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, do que forman parte o Ministerio de Sanidade e as CCAA e para salvagardar a saúde dos traballadores e traballadoras da Xunta de Galiza, este luns 10 marzo, dende a CIG reiterouse por escrito outra vez a necesidade de tomar medidas urxentes. E aínda así, a día 12 continúase na mesma situacion e a Xunta segue sen actuar.

A Xunta non fai nada ante o risco de contaxio

Nestas alturas, segundo explica a responsable nacional, Zeltia Burgos, "a Xunta non implantou medidas específicas de protección fronte este virus infeccioso nos centros de traballo".

CIG-Autonómica denuncia específicamente a "falla de batas, mascarillas de protección adecuada fronte este risco biolóxico (FFP3), protección ocular e luvas que cumplan a normativa para este tipo de infeccións". Sinalan que, por exemplo, na residencia de maiores Volta do Castro en Santiago de Compostela estanse a facer ocos para posíbeis persoas infectadas, mentres o persoal non ten a mínima información nin material para a prevención do contaxio

Para a CIG debese extremar xa a limpeza e desinfección en todos os centros de traballo, unha medida para a que é urxente a contratacion de persoal de reforzo e limpeza.
"Nin sequera no edificio administrativo de San Caetano, en servizos centrais, se estableceu un protocolo de limpeza específico, non se instalaron dispensadores desinfectantes, non se separou ao persoal sensíbel da atención o público e non se deu ningún tipo de instrucción nos rexistros", afirma Burgos.

Neste senso, lembra que as medidas organizativas e materiais pola Lei de Prevencion de Riscos Laborais son previas aos EPIS. Esta falta de medidas é extensiva a todos os centros da Xunta de Galiza: hai preto de 30.000 empregadas públicas en risco e todas as persoas usuarias dos servizos públicos.

Así, existe persoal sensíbel con maior risco por padecer enfermidades crónicas, en estado de inmunosupresión, pluripatolóxicos, embarazadas, etc. para quen non se tomou ningún tipo de medida de protección, como apartalas da atención directa ao público.

A Xunta si que actúa obviando ao virus

O Goberno da Xunta de Galiza, no seu afán preelectoral, nestes últimos días sacou numerosas liñas de axudas que saturan os servizos de atención e rexistro, obviando o risco de infección e provocando a concentración de persoas. Ao revés do que fai a Dubdelegacion do Goberno en Galiza nos seus edificios adminstrativos que a partir de hoxe traballan a porta pechada e con cita previa.

Por iso a CIG-Administración Autonómica insta á suspensión inmediata dos prazos administrativos como no mes de agosto, de xeito que a cidadanía non se vexa afectada nos seus trámites coa administracion mentres dure a crise da pandemia.

Ademais, xa solicitou hai días que se tomen con urxencia as seguintes medidas:

➢ Medidas específicas para os centros onde se presta atención a persoas usuarias con facilidade de infección, como poden ser as escolas infantís e residencias de maiores, os edificios administrativos, servizos de atención ao público, oficinas de emprego, oficinas agrarias comarcais, turismo, os rexistros, servizos de información, etc.
Entre estas medias estaría facilitar información só por teléfono, con cita previa para rexistro e xestións que só se poidan facer presencialmente (evitando así concentracións de persoas), e realizar os trámites vía telefónica (como as renovacións de demandas de emprego, etc.).

➢ Medidas organizativas e materiais: pantallas protección, dispensadores de hidroxel, separación de espazos, aumento e mellora sistemas ventilación e extracción aire, etc.; para minimizar o risco de contaxio. Tamén medidas de protección individual para o que a Xunta debe achegar os EPIs necesarios.

➢ Realización de teletraballo para todos os postos que sexa posíbel. Flexibilidade horaria e quendas para reducir as concentracións de traballadores/as. De igual facer as reunións por videoconferencia.

➢ Establecemento de medidas para que os traballadores e traballadoras con menores ou maiores ao cargo ou con familiares enfermos poidan conciliar, tendo en conta o posiíbel peche de centros educativos e centros de día como pasou en Madrid.

➢ Medidas específicas para aqueles traballadores e traballadoras que padecen enfermidades crónicas, pluripatolóxicas ou con estados de inmunosupresión conxénita, persoas especialmente sensíbeis como as embarazadas, etc., e que polas características do seu posto do traballo non poden acollerse a outras medidas organizativas.

➢ Consideración como accidente laboral da infección por coronavirus.
Denunciamos a deixamento da Xunta e valoramos accións de denuncia para obrigala a protexer o seu persoal. Esta obriga da Xunta vén perfectamente definida na normativa de aplicación e implica que debe garantir a seguridade e a saúde das persoas traballadoras ao seu servizo en todos os aspectos relacionados co traballo baixo o seu ámbito de dirección. Así a prevención debe facerse perante un risco potencial e coñecido e de xeito previo, e decir antes de que a infección chegue aos centros.

Diante disto, valora denunciar ante Inspección de Traballo e acudir ao xulgado para buscar as responsabilidades penais porque as persoas dirixentes da Xunta de Galiza non están a tomar medidas reais para protexer a saúde do seu persoal.

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

Tu derecho a la información en Xornal Galicia es gratis, pero sus redactores pagan un precio muy elevado con su propia vida tras ser perserseguidos por el gobierno de Feijóo. Ayúdanos simplemente renviado esta información..+  En directo https://youtu.be/ZNo_AGgTAnY con muchas tramas y exclusivas.... No te lo puedes perder....!  Ver más..+   

#NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+  CAPÍTULO 1 DE 7..+  -  CAPITULO 2 de 7..+  -  CAPITULO 3 de 7..+  CAPITULO 4 de 7..+  CAPITULO 5 de 7..+  CAPITULO 6 de 7..+  Capítulo 7 de 7...+   - ESPECIAL LUGURIA Y VICIO A COSTA DE LA SALUD Y DEL SERGAS. ..+   - EL SUEÑO ESPAÑOL DE #NACHO VIDAL...+   - La recompensa del #sueñoespañol a #NachoVidal del #sergas y #SegurançaSocial....+ - #NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+ Colabora y asesora Millán Calenti como vocal en las mesas de contratación del Sergas, etc..

lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.