Cova Eirós revela a forma de vida dos neardentais no Paleolítico medio en Galicia, na que se atoparon máis de 2.500 obxectos líticos e óseos

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado

O reitor da USC, Antonio López, á dereita, escoita as explicacións de Fábregas xunto con Arturo de Lombera no interior de Cova Eirós

Os traballos arqueolóxicos e as labouras de escavación desenvolvidas ao longo das dúas últimas semanas por membros do Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste, Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEPN-ATT) da USC e do Institut de Paleocología Humana i Evolució Social de Tarragona na Cova Eirós (Triacastela) permiten adentrarse no coñecemento dos modos de vida dos grupos de neandertais que durante o Paleolítico medio moraron esta cova radicada na montaña luguesa, ao tempo que achegan luz sobre as formas de aproveitamento e explotación dos diferentes recursos do territorio durante un período do que se dispón de moi pouca información en Galicia.

 

 

O reitor da USC, Antonio López, salientou na súa visita a Triacastela o alcance e a relevancia das pescudas que está a realizar en Cova Eirós o grupo de investigación liderado polo catedrático da USC Ramón Fábregas, ao tempo que puxo de manifesto as novas posibilidades de estudo e a múltiple información que achegan as múltiples pezas e restos líticos e óseos descubertos no marco  desta nova campaña de escavacións no xacemento localizado no concello lugués de Triacastela. López lembrou asemade que esta actuación, financiada pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e que chega hoxe ao seu remate logo de intensas semanas de traballo, posibilitou tamén afondar en diversos aspectos do coñecemento da cavidade e da súa contorna.

 

As intervencións arqueolóxicas desta campaña centráronse, segundo indicou o catedrático da USC e investigador principal do proxecto, Ramón Fábregas Valcarce, nas ocupacións neandertais localizadas á entrada da cavidade e permitiron escavar toda a extensión do nivel 4, o que concentra a maior densidade de restos da cova e que xa ten proporcionado para a investigación máis de 2.500 obxectos líticos e óseos.

 

As ocupacións nas que se centrou esta última actuación correspóndense con campamentos residenciais onde os grupos de neandertais pasaron un tempo prolongado en Cova Eirós e realizaron diversas actividades. A presenza de fogares, ósos queimados e con marcas de corte e percusión identificadas sobre a súa superficie indican que cazaban os animais, entre os que se advirte un predominio de cervos, para logo procesalos dentro do xacemento, tanto para o seu consumo como para o aproveitamento das súas peles, relata o investigador da USC.

 

Os numerosos restos líticos, con núcleos, lascas e instrumentos retocados, indican que tallaron as súas ferramentas en cuarzos locais, transportados desde as canles próximas. Ademais, as ferramentas de talla Levallois en cuarcita de grao fino dan conta da gran complexidade tecnolóxica destes grupos e a súa pericia técnica, precisa o co director da escavación, Arturo de Lombera. Deste xeito, engade, as intervencións xa desenvolvidas no nivel 4 de Cova Eirós achegan cumprida información para afondar no coñecemento do Paleolítico medio en Galicia.

 

Alén das actuacións arqueolóxicas, durante a primeira semana desta campaña, o traballo realizado por membros do clube CETRA e Ártabros permitiu levantar a topografía tridimensional da cavidade. Daquela, explica de Lombera, foi posible identificar os puntos de contacto entre as galerías interiores que conforman Cova Eirós e descubrir que ten conexión con outra pequena cavidade veciña, chamada Cova das Cabras.

 

Esta información, ademais de achegar novos datos sobre o sistema cárstico do monte Penedo, ten un importante valor patrimonial de cara á conservación deste Ben de Interese Cultural, tal e como se puxo de manifesto este luns no marco da visita institucional realizada polo reitor da USC co gallo do remate dos traballos desta campaña de escavacións. A alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias Fontal; a secretaria Xeral da USC, Dulce García Mella, e a vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto, tamén formaron parte da comitiva universitaria desprazada ata Cova Eirós.  O director facultativo de Canteiras de Cosmos, Javier García, e a responsable de Sustentabilidade desta empresa, Ana González, participaron na visita. Unha vez rematado o percorrido pola cova, o reitor da USC, Antonio López, asinou no Libro de Honra do Concello de Triacastela.

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

Tu derecho a la información en Xornal Galicia es gratis, pero sus redactores pagan un precio muy elevado con su propia vida tras ser perserseguidos por el gobierno de Feijóo. Ayúdanos simplemente renviado esta información..+  En directo https://youtu.be/ZNo_AGgTAnY con muchas tramas y exclusivas.... No te lo puedes perder....!  Ver más..+   

#NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+  CAPÍTULO 1 DE 7..+  -  CAPITULO 2 de 7..+  -  CAPITULO 3 de 7..+  CAPITULO 4 de 7..+  CAPITULO 5 de 7..+  CAPITULO 6 de 7..+  Capítulo 7 de 7...+   - ESPECIAL LUGURIA Y VICIO A COSTA DE LA SALUD Y DEL SERGAS. ..+   - EL SUEÑO ESPAÑOL DE #NACHO VIDAL...+   - La recompensa del #sueñoespañol a #NachoVidal del #sergas y #SegurançaSocial....+ - #NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+ Colabora y asesora Millán Calenti como vocal en las mesas de contratación del Sergas, etc..

lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.