STOP EÓLICOS pedirá á Reserva da Biosfera e ao Parque Natural que se pronuncien sobre a LAT do Xurés

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

IMAXE 1. Plano do proxecto da LAT que invade a Reserva da Biosfera a partir do termo municipal de Calvos e discorre en paralelo ao Parque NacionalA plataforma STOP EÓLICOS XURÉS-CELANOVA súmase ás alegacións ecoloxistas contra a liña de alta tensión no Xurés para dar servizo a dous futuros polígonos eólicos, e demandará do Comité Científico da Reserva da Biosfera Gerês-Xurés e da Xunta Reitora do Parque Natural do Xurés e o seu Comité Científico que informen sobre a compatibilidade da LAT e dos polígonos asociados cos valores que protexen a Reserva e o Parque.

 

FALSO XACOBEO 21-22. Malos vientos contra el Camino de Santiago, Feijóo y  otros políticos dan el PELOTAZO EÓLICO en todo el camino Francés bajo FAKE  NEWS de las campañas de Mar SánchezA plataforma STOP EÓLICOS XURÉS-CELANOVA celebrará mañá venres en Celanova unha asemblea aberta ao público para preparar a MARCHA EN DEFENSA DA CASA DA NEVE, prevista para o sábado 4 de setembro, con saída da explanada das piscinas ás 10 da mañá.

A asociación ecoloxista Petón do Lobo fixo públicas o venres pasado as súas alegacións ao proxecto de LAT (Liña de Alta Tensión) entre Baltar e a subestación de Salas.

Stop Eólicos Xurés Celanova agradece este enorme traballo e tratará de achegar novos argumentos na oposición a este proxecto do que alertamos a opinión pública o pasado día 19 de agosto.

A respecto das advertencias que lanza Petón do Lobo sobre esta actuación, queremos subliñar as seguintes:

  1. Sométese a tramitación pública un proxecto, o da LAT, para dar servizo a dous polígonos que AÍNDA NON ESTÁN APROBADOS e nin sequera iniciaron a súa tramitación. Como subliña Petón do Lobo: “debérase someter a consulta pública para a avaliación ambiental conxunta e global a totalidade das infraestruturas deste Complexo industrial eólico”, e advirte: “O contrario é restrinxir o dereito da cidadanía á participación pública na avaliación ambiental dos proxectos que como estes están estreitamente relacionados entre si”.

  1. Vulnéranse as Directrices da Paisaxe (2020) en canto estas establecen ás seguintes directrices: “As liñas de evacuación cara á rede de transporte planificaranse de forma conxunta co parque eólico, procurando buscar os mellores trazados, de acordo cos criterios sobre liñas eléctricas. Dentro das AEIP delimitadas no Catálogo das paisaxes de Galiza, estudarase a viabilidade de soterrar as liñas de evacuación”. Petón do Lobo chama a atención sobre que non se contempla o soterramento, e, como se incidiu no punto anterior, a teórica planificación conxunta (polígonos e LAT) agóchase á cidadanía.Feijóo facilita a destrucción e recortes nas Fragas do Eume para beneficiar  o negocio das eólicas - Xornal Galicia | Xornal Galicia

  1. Como xa advertiu Stop Eólicos Xurés Celanova, prodúcese unha “afección significativa e irreversíbel á Reserva Transfronteiriza Gerês-Xurés”, sinala Petón do Lobo. Ademais, hai outros espazos naturais protexidos susceptíbeis de sufrir afeccións. Petón do Lobo sinala o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, “a uns 900 metros ao sur do apoio MIS-63”, e catalogado tamén como Zona de Especial Conservación (ZEC), Zona de Especial Protección da Avifauna (ZEPA) e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN). “Ademais, o último tramo da liña, desde o apoio MIS-63, estaría dentro dos límites do Plan de Recuperación do galápago europeo (Emys orbicularis) e parte do proxecto (do apoio TRA-1 ao apoio MIS-60) sitúase nunha área prioritaria para as aves, onde é de obrigado cumprimento o Real Decreto 1432/2008, do 29 de agosto, polo que se establecen medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión”, di a asociación ecoloxista. E tamén indican “prexuízos irreversíbeis” para a área de Rede Natura implantada no 2004 e que inclúe aos concellos de Quintela de Leirado, Verea, Bande, Lobeira, Entrimo, Lobios, Muíños e Calvos de Randín.

  1. Prodúcese tamén unha afección severa as brañas, e en xeral as augas, así como a vexetación de ribeira, en especial nos cursos dos ríos Calvos e Salas, pero tamén nas bacías hidrolóxicas de Faramontaos e Porqueirós. O documento inicial da empresa promotora identifica até 15 cruzamentos de cursos fluviais e 22 afeccións a bosques de rebolos, carballos, castiñeiros e bidueiros, así como amieiros nas zonas de ribeira.

  1. Xérase unha grave afección a avifauna nunha zona “moi rica, produto da posición bioxeográfica da área e da complexidade ambiental derivada do gradiente altitudinal e a diferente orientación das cadeas montañosas”. Avifauna entre a que destaca a presenza de aves rapaces, incluíndo especies moi ameazadas e de distribución moi localizada, como a aguia real (Aquila chrysaetos), que aínda que non nidifica desde hai anos, utiliza habitualmente as serras como área para campar desde os seus territorios do Parque Nacional Peneda-Gerês; a aguia perdigueira (Hieraaetus fasciatus), que ten aquí a súa zona de presenza máis frecuente en Galiza; e o bufo real (Bubo bubo), cuxa poboación foi reforzada mediante a solta de varios exemplares”, informa Petón do Lobo.

  1. Introdúcese unha afección moi grave á paisaxe nunha contorna onde están recoñecidas como áreas de especial interese paisaxístico (AEIP) os Penedos da Raíña Loba, a Serra da Pena – O Couto Mixto, a Fraga da Rousia e as Penas da Serra do Larouco. “Cómpre ter en conta que ao abeiro do Convenio Europeo da Paisaxe, en vigor o 1 de marzo de 2004, e que España ratificou no 2007 (...) que o dereito debe recoñecer en primeiro lugar e, por conseguinte protexer, é un valor complexo: a necesidade de toda a cidadanía de establecer unha relación sensible co territorio, de beneficiarse desta relación e de participar na determinación das características formais dos lugares que habitan ou frecuentan. Ninguén, incluída a mercantil promotora e a Xunta de Galiza, teñen dereito a ensuciar a dimensión paisaxística dun territorio sen ter primeiro en conta o interese do conxunto da poboación local afectada”, indica Petón do Lobo nas súas alegacións.Sra Fiscal Laura Codruţa Kövesi, espere que sobre fondos europeos en  Galicia hay más, las tramas de los eólicos. - Xornal Galicia | Xornal  Galicia

  1. Como informou Stop Eólicos Xurés Celanova, na área pola que transcorre a LAT e na que se situarían os futuros polígonos de Tramontana e Mistral existen xa dúas explotacións eólicas que afectan gravemente a paisaxe: a do Larouco (propiedade de Iberdrola) con 49 aeroxeradores (visíbeis desde toda a comarca da Limia), e a de Cabeço Alto, en Portugal, xusto bordeando o límite do Parque Natural do Xurés, con 9 aeroxeradores (visíbeis desde os concellos de Muíños e Calvos). A instalación doutras 15 máquinas na Serra do Larouco suporía completar unha liña no horizonte duns 20 quilómetros con 73 muíños entre Cualedro e Baltar e continuando no concello portugués de Montalegre, xusto por detrás do Parque do Xurés, sobre Calvos de Randín.

  1. Vulnéranse as normas sobre cambios de uso do monte, segundo indica Petón do Lobo no que afecta ao artigo 59 da Lei 7/2012, de 12 de xuño, no que se establece que en terreos afectados por incendios forestais, non se poderá producir un cambio de uso en trinta anos”.

  1. Elimínase a multifuncionalidade do monte e prexudícase gravemente aos aproveitamentos forestais, madeireiros e agrogandeiros da zona, sostén Petón do Lobo. “O monte é un sector estratéxico na economía galega que contribúe a mitigar o cambio climático e á descarbonización da economía. Aspecto non avaliado pola promotora”, sinala a asociación ecoloxista. E engade: “A mercantil promotora non avalía o impacto da estación eólica e as súas infraestruturas de evacuación sobre o benestar das familias dos núcleos habitados e o posible éxodo poboacional que se pode dar derivado da manchea de estacións eólicas que hai no territorio e outras infraestruturas, que dificultan a vida no rural e a sustentabilidade e viabilidade das explotacións forestais e agrogandeiras”.

Finalmente, Petón do Lobo denuncia deficiencias na información pública a que podemos ter acceso á cidadanía para nos defender contra a invasión de proxectos industriais como aos que se trata de opoñerse Stop Eólicos Xurés- Celanova. A asociación ecoloxista denuncia que o Inventario de Humidais de Galiza non contén “absolutamente ningún humidal” e que “unha parte importante dos parques eólicos e as súas infraestruturas de evacuación prevese a súa instalación sobre espazos húmidos como este caso”.

  1. Stop Eólicos Xurés-Celanova súmase á demanda contida nas alegacións de Petón do Lobo para que o Consello da Cultura Galega “informe sobre da compatibilidade deste proxecto e dos parques eólicos Mistral e Tramontana cos valores culturais, paisaxísticos e ambientais da área de afección do parque eólico, isto é, a superficie que abrangue a súa poligonal”; para que a Dirección Xeral de Defensa do Monte informe “sobre a prevalencia do uso forestal sobre o proxecto LAT ata subestación de Salas”; para que o Comité Científico da Reserva da Biosfera emita informe sobre da compatibilidade e prevalencias dos usos do proxecto de liña de alta tensión e os parques asociados a este, “cos valores propios da área de afección do proxecto e merecedores da máis alta consideración aos efectos de seren incluídos dentro da figura de protección Reservas da Biosfera”, e que por parte da Xunta Reitora do Parque Natural do Xurés e do Comité Científico se informe sobre da compatibilidade e prevalencias dos usos do proxecto de liña de alta tensión e os parques asociados a este, “cos valores propios da área de afección do proxecto e merecedores da máis alta consideración aos efectos de seren incluídos dentro da figura de protección de parques naturais”.

Stop Eólicos Xurés-Celanova asinará, rexistrará e difundirá as alegacións presentadas por Petón do Lobo contra este proxecto de liña de alta tensión.

Baltar, Muíños, 26 de agosto de 2021.

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

Tu derecho a la información en Xornal Galicia es gratis, pero sus redactores pagan un precio muy elevado con su propia vida tras ser perserseguidos por el gobierno de Feijóo. Ayúdanos simplemente renviado esta información..+  En directo https://youtu.be/ZNo_AGgTAnY con muchas tramas y exclusivas.... No te lo puedes perder....!  Ver más..+   

#NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+  CAPÍTULO 1 DE 7..+  -  CAPITULO 2 de 7..+  -  CAPITULO 3 de 7..+  CAPITULO 4 de 7..+  CAPITULO 5 de 7..+  CAPITULO 6 de 7..+  Capítulo 7 de 7...+   - ESPECIAL LUGURIA Y VICIO A COSTA DE LA SALUD Y DEL SERGAS. ..+   - EL SUEÑO ESPAÑOL DE #NACHO VIDAL...+   - La recompensa del #sueñoespañol a #NachoVidal del #sergas y #SegurançaSocial....+ - #NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+ Colabora y asesora Millán Calenti como vocal en las mesas de contratación del Sergas, etc..

lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.