O calvario de denunciar unha situación de acoso na Xunta de Galiza

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

fotoportadaacampadacasadefeijooA CIG Autonómica denuncia que Protocolo de intervención do acoso laboral na Xunta non funciona e esixe dar resposta as persoas solicitantes para que se poidan defender noutras vías.

A Xunta abandona as vítimas e non resposta as solicitudes de intervención ante o acoso laboral, peticións que leva ata dous anos de atraso.

 

Ante a súa propia inutilidade e inoperancia co Protocolo de intervención contra o acoso e outras discriminacións laborais, o que fai a Xunta é aumentar os prazos de un a seis meses. Así que, si un mes “xa era moito” para moitas compañeiras e compañeiros que están a sufrir esta situación, decidiron agora atrasar a seis o prazo para intervir e resolver as peticións de axuda que cheguen ao Comité de Intervención.

Ademais o feito de que “exista o Protocolo” pero non funcione, provoca un bucle de indefensión intolerable. A vía de denuncia e resolución dunha situación de acoso laboral é a prioritaria no caso de denuncia por acoso laboral, sobre a denuncia na inspección de traballo ou o xulgado. Así que, a resposta moitas veces de inspección de traballo é que ten acudir “ao protocolo contra o acoso”.

Ante isto a CIG Autonómica denunciamos a parálise e esiximos á Secretaria Xeral Técnica a reactivación do protocolo e a convocatoria do comité de intervención. Ademais solicitamos que resposte ás persoas solicitantes, ás que manteñen parado o seu expediente, para que se poidan defender no seu caso por outra vía (fiscalía, inspección de traballo ou no xulgado).

En definitiva, á Xunta é cómplice do acoso e dos acosadores e acosadoras, promovendo un sistema torto no que o Protocolo para a prevención, a detección, a actuación e a resolución de situacións de acoso laboral e outras discriminacións no traballo na Administración da Comunidade Autónoma de Galiza é a ferramenta para perpetuar a situación, e en definitiva aumentar o conflito e reforzar ao acosador/a.

Unha mostra máis da actuación da Xunta é a propaganda que fornecen no seu web, cargada de declaracións de boas intencións que non coinciden, na práctica, coa teoría que venden: non teñen intención real de loitar e erradicar esas situacións dramáticas, dantescas e mesmo traumáticas que moitos traballadores e traballadoras da Xunta sofren todas as xornadas laborais, de xeito que para eles/elas, vir a traballar acaba sendo un calvario.

Ante a solicitude da intervención por unha situación de acoso ou discriminación, a Xunta de Galiza nin resposta se chegou, nin acorda medidas cautelares, nin reúnen ao comité de intervención, nin separa preventivamente á persoa acosadora... e ao fin aumenta o conflito no lugar de traballo, abuso, sometemento, terror, acoso, depresión, baixa.. Estas son palabras que soan nestas situacións.

Pode ser o xefe ou xefa, o compañeiro ou compañeira, quen che faga a vida imposible. O caso é que cando se decide a actuar normalmente xa hai un longo percorrido de insultos, menosprezos, ou accións máis maquiavélicas e ben elaboradas por auténticos/as psicópatas, con derivas a baixas longas, intervencións sanitarias por estrés, depresión ou cadros similares. Chegan cun importante esnaquizamento que mesmo bate na súa vida familiar.

En vista do nulo funcionamento do Protocolo, haberá quen xa nin se atreva a presentar os papeliños por rexistro, non vaia ser peor o remedio que a enfermidade. As persoas responsábeis da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia primeira e da Subdirección Xeral de Coordinación de Servizos Transversais, poden durmir tranquilas ante esta responsabilidade?

É penoso que nestes tempos que corren sigamos coma naquelas administracións decimonónicas onde había que agocharse ao paso de señor secretario e saudalo cun “muy buenos días tenga usted don Julián, cafelito talvéz?

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

Tu derecho a la información en Xornal Galicia es gratis, pero sus redactores pagan un precio muy elevado con su propia vida tras ser perserseguidos por el gobierno de Feijóo. Ayúdanos simplemente renviado esta información..+  En directo https://youtu.be/ZNo_AGgTAnY con muchas tramas y exclusivas.... No te lo puedes perder....!  Ver más..+   

#NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+  CAPÍTULO 1 DE 7..+  -  CAPITULO 2 de 7..+  -  CAPITULO 3 de 7..+  CAPITULO 4 de 7..+  CAPITULO 5 de 7..+  CAPITULO 6 de 7..+  Capítulo 7 de 7...+   - ESPECIAL LUGURIA Y VICIO A COSTA DE LA SALUD Y DEL SERGAS. ..+   - EL SUEÑO ESPAÑOL DE #NACHO VIDAL...+   - La recompensa del #sueñoespañol a #NachoVidal del #sergas y #SegurançaSocial....+ - #NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+ Colabora y asesora Millán Calenti como vocal en las mesas de contratación del Sergas, etc..

lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.