O GRUPO SOCIALISTA DENUNCIA QUE A XUNTA É A ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA QUE MÁIS CONTRATA “A DEDO” DE ESPAÑA

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Pablo Arangüena 260122 01Pablo Arangüena engade que a Deputación de Ourense tamén é o ente provincial que máis contrata a dedo do Estado, “por enriba mesmo do goberno galego”

 

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2021. O portavoz de Política Institucional do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, alertou hoxe que a Xunta de Galicia é actualmente a administración autonómica que máis contrata “a dedo” do Estado. Así o dixo no debate dunha interpelación na que denunciou a falla de transparencia do goberno galego, que leva dous anos de atraso no cumprimento na súa obriga de publicar os contratos públicos da administración autonómica.

Arangüena denunciou que o goberno galego adxudica máis de 4 de cada 10 euros mediante contratación directa, “con contratos menores, sen concorrencia”, e cun nivel de publicidade “total e absolutamente insuficiente”. Sinalou que esta modalidade, pensada para ser excepcional, convértese “en norma” no goberno galego, que prioriza unha modalidade de contratación “que non permite a libre concorrencia e é un campo potencial para o favoritismo e a corrupción”.

Explicou que os contratos menores representan o 41,3 por cento do total, e sumando o 6,25 por cento mediante procedemento negociado, resulta que o 47,5 por cento dos contratos da Xunta “danse a dedo, segundo os seus propios datos”. Advertiu que este tipo de contratación “son a priori un territorio potencialmente propicio para a corrupción, que abre a porta a favorecer aos amigos en detrimento do interese xeral”.

Esta mesma práctica, dixo, é replicada na Deputación de Ourense, presidida polo “popular” Baltar, que “outorga a dedo o 80 pro cento deses contratos”, o que a converte na administración provincial que máis recorre a esta modalidade, incluso por riba do goberno galego. “Casualmente –engadiu Arangüena- cases sempre a empresas vencelladas ao PP, igual que outorga a dedo máis do 80 por cento das subvencións, case sempre a concellos do PP”.

O responsable socialista aludiu así ao “demoledor informe do Consello de Contas” correspondente ao ano 2021, que “pon de manifesto uns datos que tal vez sexan normais en Rusia, pero que é impropio dunha administración pública española no século XXI”. Alertou de que a fiscalización de Contas “permite a calquera persoa razoable inferir que na Deputación de Ourense estase a producir un saqueo sistemático dos recursos públicos”.

Transparencia

Pablo Arangüena denunciou ademais que o goberno galego incumpre sistematicamente a Lei 19/2013 de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, que obriga a publicar datos estatísticos dos contratos segundo o seu tipo. O responsable socialista alertou de que “estes datos figuran ata o ano 2018, pero a 25 de xaneiro de 2022 non figuran os datos correspondentes aos anos 2019 e 2020”.

Lamentou que o goberno galego “saca moi mala nota nas asignaturas de transparencia e de cumprimento da lei, rebaixando a calidade da nosa democracia e, salvando as distancias, seguen a estela dos Vladímir Putin do mundo”. Con esta práctica “incumpren a obriga legal, rompendo cos principios de transparencia e de legalidade que son piares fundamentais da nosa democracia” cando “é soamente unha cuestión de vontade política”.

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

Tu derecho a la información en Xornal Galicia es gratis, pero sus redactores pagan un precio muy elevado con su propia vida tras ser perserseguidos por el gobierno de Feijóo. Ayúdanos simplemente renviado esta información..+  En directo https://youtu.be/ZNo_AGgTAnY con muchas tramas y exclusivas.... No te lo puedes perder....!  Ver más..+   

#NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+  CAPÍTULO 1 DE 7..+  -  CAPITULO 2 de 7..+  -  CAPITULO 3 de 7..+  CAPITULO 4 de 7..+  CAPITULO 5 de 7..+  CAPITULO 6 de 7..+  Capítulo 7 de 7...+   - ESPECIAL LUGURIA Y VICIO A COSTA DE LA SALUD Y DEL SERGAS. ..+   - EL SUEÑO ESPAÑOL DE #NACHO VIDAL...+   - La recompensa del #sueñoespañol a #NachoVidal del #sergas y #SegurançaSocial....+ - #NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+ Colabora y asesora Millán Calenti como vocal en las mesas de contratación del Sergas, etc..

lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.