O estudo 'Predico' anticipará a expansión e a incidencia da COVID-19

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado

Os investigadores detectarán o impacto social das medidas adoptadas polas autoridades e valorarán os mecanismos de control a través das redes sociais. FOTO: Santi AlviteOs investigadores detectarán o impacto social das medidas adoptadas polas autoridades e valorarán os mecanismos de control a través das redes sociais. FOTO: Santi Alvite

O Instituto de Salud Carlos III acaba de outorgar financiamento a esta investigación coordinada polo catedrático do Departamento de Física Aplicada da USC Jorge Mira e na que participan investigadores das universidades de Vigo, Aveiro e do CSIC

 

O estudo 'Predico' sobre modelos de predición dinámica sobre escenarios de afectación por COVID-19 a curto e medio prazo, coordinado polo catedrático de Electromagnetismo da USC Jorge Mira, acaba de recibir financiamento por parte do Instituto de Salud Carlos III (ISCIII). Nesta investigación tamén tomarán parte investigadores das universidades de Vigo e Aveiro e do Centro Nacional de Biotecnología - CSIC.

O obxectivo de 'Predico' é predicir a evolución da expansión e incidencia da pandemia. "Esta investigación pretende liquidar un dos principais problemas cos que se están enfrontando os modelos coñecidos: a fiabilidade dos datos dispoñibles, tanto por dificultades nos mecanismos de detección, como por unha probable abundancia de casos  asintomáticos", explica Jorge Mira. Deste xeito, o equipo de investigadores aspira a predicir o número de unidades de coidados intensivos (UCI) necesarias para evitar a saturación, mediante a estimación de persoas infectadas. Asemade, detectarán o impacto social das medidas adoptadas polas autoridades e valorarán os mecanismos de control a través das redes sociais. 'Predico' incorpora na predición axentes causais non contemplados por modelos clásicos.

"Este proxecto é un recoñecemento do traballo feito durante os peores días da pandemia e unha demostración de que é perfectamente posible o traballo entre compañeiros de distintas administracións, de distintas áreas de coñecemento, e de distintos países", explica o investigador da UVigo, Iván Area. Este equipo de investigadores tamén recibiu hai varias semanas financiamento por parte da Fundação para a Ciência e Tecnologia de Portugal.

Metodoloxía

O traballo desenvolverase en tres frontes ao longo dos vindeiros seis meses con modelos que proporcionan sistemas de ecuacións diferenciais; co chamado Modelado Dinámico Empírico, que prescinde de ecuacións; e a través dunha análise da rede social española, que retroalimentará as dúas anteriores vías.

Por unha banda, modelaranse os infectados asintomáticos e os chamados superpropagadores, persoas que infectan a una gran cantidade de xente. Neste contexto, a través da chamada teoría do control óptimo, buscaranse as intervencións idóneas que permitan a redución da propagación. Por outra, co Modelado Dinámico buscarase prescindir do feito de definir axentes causais a priori. Esta aproximación baséase na análise de situacións similares que ocorresen con anterioridade, mesmo na dinámica estacional da gripe común. Baseándose só en datos, construirase unha librería de patróns temporais para chegar ás mellores aproximacións e predicir a evolución deste coronavirus.

Por último, terase en conta que os gobernos dos países desenvolvidos posúen un alto grao de control da expansión da infección, influíndo no comportamento da cidadanía, por exemplo con medidas de confinamento, que poderán ter un grao de seguimento parametrizable. Dado que as redes sociais son unha das principais ferramentas de control da opinión de masas, delas extraeranse parámetros de control sobre a evolución e propagación da epidemia, que serán integrados nos modelos, mesmo considerando a mobilidade dos individuos.

Orixe do proxecto

Hai xa case dous meses que este grupo de investigadores adiantou como sería a expansión da pandemia da COVID-19 en Galicia. Baseándose na análise dos datos de Wuhan, o grupo integrado polo catedrático de Análise Matemática da USC, Juan José Nieto, así como por Iván Area da Universidade de Vigo, e Delfim Torres e Faiçal Ndaïrou, das Universidades de Vigo e Aveiro, realizou unha serie de simulacións que situaban o máximo número de casos da pandemia arredor do 5 de abril, data prevista para as eleccións galegas, que finalmente houbo que adiar. A este equipo uniríanse pouco tempo despois os profesores da USC Jorge Mira e Alberto Pérez Muñuzuri e o investigador do Centro Nacional de Biotecnología – CSIC Luís Francisco Seoane.

Este proxecto recibe financiamento no marco dunha convocatoria altamente competitiva a cargo do Fondo  COVID-19, que o Instituto de Saúde Carlos III creou con apoio do Ministerio de Ciencia o pasado 19 de marzo para financiar proxectos que melloren a curto prazo o manexo do novo coronavirus e a COVID-19.

Jorge Mira é o investigador principal do proxecto. FOTO: Santi AlviteJorge Mira é o investigador principal do proxecto. FOTO: Santi Alvite

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

Tu derecho a la información en Xornal Galicia es gratis, pero sus redactores pagan un precio muy elevado con su propia vida tras ser perserseguidos por el gobierno de Feijóo. Ayúdanos simplemente renviado esta información..+  En directo https://youtu.be/ZNo_AGgTAnY con muchas tramas y exclusivas.... No te lo puedes perder....!  Ver más..+   

#NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+  CAPÍTULO 1 DE 7..+  -  CAPITULO 2 de 7..+  -  CAPITULO 3 de 7..+  CAPITULO 4 de 7..+  CAPITULO 5 de 7..+  CAPITULO 6 de 7..+  Capítulo 7 de 7...+   - ESPECIAL LUGURIA Y VICIO A COSTA DE LA SALUD Y DEL SERGAS. ..+   - EL SUEÑO ESPAÑOL DE #NACHO VIDAL...+   - La recompensa del #sueñoespañol a #NachoVidal del #sergas y #SegurançaSocial....+ - #NachoVidal "y su esquema piramidal de colaboradores"..+ Colabora y asesora Millán Calenti como vocal en las mesas de contratación del Sergas, etc..

lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.