Os traballadores e as traballadoras da planta de tratamento de residuos urbanos de Nostián (A Coruña) sufriron o roubo dos seus dereitos salariais e laborais co beneplácito de #XulioFerreiro

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado

Dende o ano 2012, os traballadores e as traballadoras da planta de tratamento de residuos urbanos de Nostián (A Coruña) sufriron o roubo dos seus dereitos salariais e laborais. Amparándose na manida escusa da crise e dunhas supostas perdas, a empresa adxudicataria, Albada (filial de Urbaser), aplicou recortes no cadro de persoal, salarios e condicións e agora que toca negociar o novo convenio colectivo, a dirección pretende impor un novo machadazo na partida de persoal "para que sexamos os traballadores e as traballadoras quen paguemos as consecuencias da súa mala xestión e dos conflitos que mantén co Concello da Coruña".

A empresa pretende que sexamos os traballadores e as traballadoras quen paguemos a súa mala xestión"

Así o denunciaba Hadrián Canosa, representante do persoal pola CIG, na rolda de prensa que o comité ofreceu para esixir da adxudicataria e do Goberno municipal que se poñan de acordo na data de caducidade da concesión, que se está a converter no novo campo de batalla entre ambas. Dunha banda, Albada-Urbaser sostén que o contrato ten vixencia até xaneiro de 2019, mentres que o Concello entende que a concesión non finaliza até un ano despois, en 2020.

 

Desavinzas entre empresa e Concello

Neste senso, Canosa subliñou o contraditorio destas posturas, cando hai uns anos Albada mantiña que a concesión remataba no 2021, mentres que o Concello a situaba no ano 2019. Esta nova loita entre concesionaria e titular, "e xa van unhas cantas", deixa o persoal da planta de Nostián nunha situación complexa, facéndoo refén das desavinzas entre Urbaser e a administración local. "Ante tal desatino pretenden que sexamos os traballadores e as traballadoras quen paguemos os custes", advirte.

Por iso, dende o comité instan a empresa e o Concello a que se senten negociar e aclaren dunha vez cando remata a concesión "para que poidamos avanzar na recuperación dos nosos dereitos. Clarificar a data é primordial para que ambas partes poidamos fixar posturas e avanzar na negociación do convenio colectivo".

O modelo de xestión privada da planta de Nostián pon os cartos públicos en mans especuladoras que nin sequera teñen a sede no noso país"

A representación social considera un "insulto" que Urbaser envíe a un negociador dende Madrid cunha proposta que contempla, segundo os cálculos da empresa, unha rebaixa na partida de persoal do 25%, mais que segundo as contas do comité elevaríase até un 40% por cada traballador e traballadora.

Cartos públicos en "mans especuladoras"

Canosa referiuse ao modelo de xestión privatizada escollido para a planta de Nostián, "que pon os cartos públicos en mans especuladoras que nin sequera teñen a sede no noso país". Pero ademais, engade, esta xestión privada nin sequera foi capaz en 20 anos de acadar as cotas de reciclaxe esixidas no prego de condicións, que non permite máis dun 35% de rexeitamento, "cando na actualidade estamos nun 55%".

"Queda claro que a xestión privada empeora á pública, polo que solicitamos do Concello non só que remate coa concesión a Albada, senón que remunicipalice o servizo como están a facer outros municipios da contorna", aseverou.

A próxima reunión coa empresa, a finais de maio

Dende o comité explicaron que a próxima reunión coa empresa está fixada para o 30 de maio, polo que agardan que antes desa data Albada e o Concello senten negociar e concreten a vixencia do contrato. "E se fai falta, nós non teríamos problemas en acudir a esa reunión", apuntaron.

Ao tempo, adiantaron que se a concesionaria continúa na súa teima de recortar dereitos e salarios no convenio, o persoal está disposto a iniciar mobilizacións e non descarta ningunha medida de presión.

Xornal Galicia - Por que fallaron los fondos europeos a Xulio Ferreiro ...

xornalgalicia.com/.../2181-por-que-fallaron-los-fondos-europeos-a-xulio-ferreiro-la-f...
Por si esto fuese poco, el Director de EMALCSA Jaime Castiñeiras se embolsa más de 11 mil euros al mes bajo la presidencia de @XulioFerreiro apoyado por ...

Xornal Galicia - Sr Xulio Ferreiro, ya es Usted considerado el peor ...

xornalgalicia.com/.../2217-sr-xulio-ferreiro-ya-es-usted-considerado-el-peor-alcalde-d...
11 oct. 2016 - La máquina de hacer dinero "EMALCSA" que preside Xulio Ferreiro parece no dar las revoluciones necesarias para imprimir billetes con la ...

Xornal de Galicia para el Mundo - @XulioFerreiro sostiene sueldos ...

xornaldegalicia.es › A Marea Xulio Ferreiro
23 jul. 2016 - @XulioFerreiro sostiene sueldos millonarios de directivos en Tranvías de A Coruña, Emalcsa, Fundación Emalcsa y entramado soicietario ...

Xornal de Galicia para el Mundo - @XulioFerreiro @CoruñaFutura ...

xornaldegalicia.es › A Marea Xulio Ferreiro
15 dic. 2015 - @XulioFerreiro @CoruñaFutura @EidusCoruna @Urdangarin @Emalcsa una amalgama que no aparece en la Web de #Transparencia ...

A Marea Atlántica, Xulio Ferreiro y Concello de A Coruña, censuran a ...

www.pladesemapesga.com › Comunicados
La pregonada TRANSPARENCIA de Xulio Ferreiro, un verdadero fraude a la ... Pladesemapesga y Xornal de Galicia lamenta profundamente el modo de ... nos han entregado por EMALCSA, Concello de A Coruña sin ningún tipo de control o ...

@XulioFerreiro podría estar usando EMALCSA para presuntamente ...

pladesemapesga.com › Comunicados
Xornal de Galicia 09 Octubre 2015 Sección; A Coruña 778 Votos ... Solo Xulio Ferreiro asume la Presidencia de Emalcsa, Emvsa, la Fundación Emalcsa, .
social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

lineaazul 1600

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.