Unha carreira de montaña ameaza á principal colonia peninsular dunha especie ameazada

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado

cid part2 05090405 06000607adegaDende o ano 2011 vense desenvolvendo no concello de Oleiros o denominado Costa Trail de Oleiros “Seixo Branco”, carreira pedestre de montaña organizada pola Sociedade de Montaña Ártabros coa colaboración nesta edición do concello de Oleiros e o Club de Atletismo Sada.


Gran parte da carreira desenvolverase polo entorno dos acantilados da Costa de Dexo, espazo declarado Monumento Natural e Rede Natura 2000 e que alberga entre os seus principais valores unha das principais colonias a nivel galego e estatal de corvo mariño cristado (en castelán: Cormorán moñudo). O corvo mariño cristado é unha ave mariña ameazada por múltiples factores que están a provocar un severo descenso poboacional en toda Galicia, motivo polo que está considerada baixo a categoría de En Perigo de Extinción e foi incluída no Catálogo Galego de Especies Ameazadas como Vulnerable, o que obriga á súa protección estricta.
Nun contexto de evolución poboacional moi negativa, as poboacións da Costa de Dexo adquiren relevancia ao constituír o principal (ou un dos principais) núcleo de cría da costa continental da Península Ibérica. Este carácter “continental” implica que ademais dos problemas globais que afectan á especie, estas poboacións estén expostas tamén a impactos chegados dende terra, principalmente molestias durante o período crítico de incubación e crianza dos polos.
Maila ter coñecemento desta problemática, o trazado previsto pola organización para o paso dos 350 corredores sitúase a poucos metros da colonia en plena época de cría, co potencial risco de ocasionar molestias e impactos sobre a reproducción desta especie gravemente ameazada e patrimonio común da sociedade.
As asociacións asinantes consideran inaceptable o tránsito polo entorno da colonia, tanto polas potenciais molestias durante a carreira como pola súa apertura a un futuro uso público descontrolado, e solicitan á organización e á Dirección Xeral de Conservación da Natureza a volta ao trazado orixinal empregado nas anteriores cinco edicións. Salientamos que ademais das citadas ONGs, a solicitude conta co aval da comunidade científica representada por algúns dos principais investigadores das tres Universidades galegas en materia de conservación da biodiversidade.  
Erosión no castro de Punta Roza
Por outra banda, as ONG denuncian tamén o impacto do Trail sobre o castro catalogado de Punta Roza, na parroquia de Dexo. A carreira introdúcese na súa Área de Protección Integral e atravesa os seus parapetos defensivos, ocasionando (xunto co tránsito habitual de corredores e ciclistas) graves problemas erosivos nos muros deste elemento patrimonial.
Ausencia de avaliación ambiental As carreiras de montaña son unha actividade saudable, limpa, respectuosa e sostible, ademais de potenciais dinamizadores das áreas rurais. Pero dado o auxe deste tipo de actividades deportivas no medio natural e para garantir a súa sostibilidade, é precisa a regulación do seu paso polos espazos naturais protexidos, sen esquecer a función que o conxunto da sociedade lles outorgou a estas areas e que non é outra que a da preservación do seu patrimonio natural e un uso público respectuoso cos seus valores. Este é o criterio asumido pola propia Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada, que aboga pola minimización dos impactos ambientais dos Trail baseada na correcta elección dos seus trazados e datas de celebración e pola súa desestimación naqueles casos nos que a fraxilidade e valor ambiental do espazo así o aconselle, cómo é o caso das colonias de corvo mariño cristado da Costa de Dexo. Ademais da asunción de criterios ambientais por parte das entidades organizadoras destas actividades, é necesaria unha correcta avaliación dos seus efectos sobre os espazos protexidos por parte das administracións competentes en materia ambiental, que non poden limitarse a unha mera autorización por defecto e sen unha revisión previa das especies, hábitats e outros valores naturais e culturais potencialmente afectados. En casos como o actual e en previsión de posibles impactos sobre especies ameazadas debe primar ante todo o principio de precaución. Na Costa de Dexo e no seu entorno, recoñecido como Reserva da Biosfera, existe suficiente espazo para a práctica de actividades deportivas sostibles e compatibles cos seus valores naturais, sen necesidade de ampliar cada ano a superficie abarcada por estas nin poñer en risco a tranquilidade dunha especie tan ameazada e tan emblemática das nosas costas como o corvo mariño cristado.
ENTIDADES ASINANTES: Sociedade Galega de Ornitoloxía SEO/Birdlife Sociedade Galega de Historia Natural ADEGA Verdegaia Amigos da Terra Grupo Naturalista Hábitat

 

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

lineaazul 1600

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.