Gómez Reino esixe a Feijóo transparencia e frear o “trato inhumano” a usuarias e traballadoras das residencias galegas afectadas polo Covid-19

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado

O portavoz de Galicia en Común-Anova Mareas reitera de novo a necesidade de intervir e medicalizar os centros de maiores e de realizar os test de detección do coronavirus a todos os usuarios e traballadores

Martiño Noriega reclama un novo modelo publico de residencias e reverter as privatizacións desenvolvidas pola Xunta

Eva Solla: “Feijóo deixa en mans das empresas privadas a vida das nosas persoas maiores, privatiza os servizos e non exerce control público sobre eles, o que ainda agrava máis esta situación e precariedade”

Compostela, 6 de abril.- O voceiro de Galicia en Común- Anova Mareas, Antón Gómez Reino, insistiu hoxe de novo na urxente necesidade de que a Xunta interveña as residencias de maiores de Galicia e proceda á súa medicalización inmediata para garantir “a correcta atención aos seus usuarios e a protección dos seus traballadores”.


Gómez Reino esixiu tamén ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que proceda a someter aos test do Covid-19 a todos os residentes e coidadores.

“Non se trata só de protexer as vidas, a saúde e o benestar dos nosos maiores e de quen os coidan, e de ofrecer tranquilidade ás súas familias. Trátase tamén de garantir a seguridade do resto da poboación. Se non coñecemos exactamente cantos infectados hai nas residencias galegas, non poderemos actuar eficazmente para frear a expansión do coronavirus”, dixo.

O voceiro de Galicia en Común-Anova Mareas lembrou que REDE, a Federación Galega de Usuarios de Familias da Dependencia e Residencias, leva semanas denunciando que a Xunta non realizou as probas aos internos e traballadores das residencias competencia da Xunta, a pesar das evidencias que indican desde hai días que xa se produciu nelas un contaxio masivo.

Ademais, usuarios e familias tamén teñen denuciado ante Fiscalía o trato “inhumano” que padecen os usuarios dalgúns centros, e o feito de que as empresas que as xestionan que non proporcionan aos traballadores os medios que precisan para coidalos e combater os contaxios. “Sumámonos a esas denuncias e esiximos á Xunta que garanta que esas situacións non se repiten”, dixo Eva Solla.

Gómez Reino tamén reclamou a Feijóo que impida que esas empresas despidan aos traballadores que as denunciaron.

“O modelo de privatizacións no sector sanitario e de servizos sociais desenvolvido pola Xunta desde que Feijóo chegou ao Goberno permitiu que durante anos se fixese negocio cos coidados dos nosos maiores, deixándoos nunha situación de extrema fraxilidade”, explicou Gómez Reino.

“Hai que reformular ese modelo e desmontalo xa. E o primeiro paso ten que ser unha actuación firme e decidida contra o COVID-19, intervindo de inmediato todas as residencias, realizando as probas de detección a todos os seus usuarios e traballadores, e garantindo transparencia absoluta e a colaboración total co Goberno do Estado”, concluíu o voceiro de Galicia en Común-Anova Mareas.

Pola súa banda, Martiño Noriega, voltou lembrar que "unha das peores decisións de Feijóo foi a de privatizar as residencias para as persoas maiores, ben directamente desde a Xunta, ben pola súa fracasada operación de fusión das caixas de aforro".

"Quen consiga ver máis alá da propaganda institucional do rexime de Feijóo poderá ver un país no que o ratio de prazas en residencias e do 3,05% sobre os maiores de 65 anos, moi por debaixo da media estatal, e cun 65% das prazas en mans de empresas privadas", declarou Noriega, mencionando o informe de fiscalización do Consello de Contas do ano 2015.

Ese informe resaltaba que "o número de persoas que accederon a prazas residenciais a través do sistema de emerxencia social pasou de ser unha excepción a ser o sistema máis empregado para o aceso ao servizo".

Noriega concluíu que nos atopamos “nunha situación límite de emerxencia sanitaria, mais tamén de emerxencia social”. “Son as consecuencias de dez anos de Goberno pensando no interese da empresa privada en vez de pensar no interese do ben común". Porr iso "compre reclamar un novo modelo que siga as mesmas recomendacións que fai o propio Consello de Contas cando indica que "é necesario incorporar máis prazas públicas residenciais no sistema de servizos sociais de Galiza".

Un novo modelo que revirta a desmantelación do sistema galego do benestar "que ademais de estar a ser privatizado tamén reduciu un 7,1% en gastos de persoal como o propio informe indica".

Noriega finallizaou resaltando a importancia da "defensa do público como garantía de coesión social e non só do benestar dos nosos maiores, senón do conxunto da sociedade”.

Pola súa banda, a voceira e deputada Eva Solla subliñou denunciou a nula vontade fiscalizadora da Xunta cos centros privados indicando que "Feijóo deixa en mans das empresas privadas a vida das nosas persoas maiores, privatiza os servizos e non exerce control público sobre eles, o que ainda agrava máis esta situación e precariedade".

Tal e como recolle o informe fiscalizador do Consello de Contas do 2015 a candidata manifestou que "a pesar das incidencias detectadas na inspección de control destes centros privados, tanto en materia de persoal como de deficiencias nos protocolos de funcionamento, estas irregularidadesnon se corrixiron e non se iniciaron expedientes sancionadores.”

Solla concluíu declarando que "diante desta realidade, é inadmisilble que a acción fiscalizadora da administración pública se reduza simplemente a exercer a inspección mais que non se procure correxir as deficiencias, o que provoca que a acción de fiscalización pública sexa nula na súa efectividade", engandido que "compre aumentar o ratio do persoal de atención directa, diferenciar o persoal segundo as súas funcións por categorías profesionais, dar un uso adecuado ás instalacións e correxir os protocolos de funcionamento introducindo o rigor nos seus rexistros" medidas toda que reverterán na "mellora e calidade deste servizo público".

 

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

lineaazul 1600

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.