Van 9 mortes por covid en Celanova e os afectados Feijóo os dispersa en 4 centros para que canto mais positivos teñamos mais tempo na Xunta de Presidente

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
  • Leopoldo Rodríguez. Portavoz do BNG de CelanovaAs nacionalistas volven alertar sobre as carencias na atención ás traballadoras. Agora, as que quedan sen test son as que entran en baixa ou remataron a súa vinculación temporal, e marchan para casa sen coñecer se son portadoras do virus.

O BNG de Celanova informa que as mortes causadas polo covid son xa 9 entre os residentes da San Carlos, despois do falecemento dunha muller na madrugada de onte no centro intermedio de Baños de Molgas e de que a dirección da residencia de Celanova confirmase que a muller falecida o pasado 28 de marzo no CHUO tamén deu positivo na proba.


Polo tanto, e segundo a información que recompilou o BNG de fontes das familias e do persoal que atende á residencia, as nove mortes por covid producíronse os días 19, 20 e 30 de marzo–as tres primeiras–e os días 1, 5, 7, 9, 18 e 24 de abril. A residencia de Celanova, que rexistrou a primeira vítima mortal da pandemia en Ourense e onde apareceu o primeiro brote grave entre as residencias galegas, sufriu 47 contaxios entre os residentes. 


A taxa de letalidade entre as usuarias e usuarios sitúase hoxe no 19,1%, a máis alta entre todas as residencias de Ourense segundo as estimacións a respecto da incidencia que se teñen feito públicas.

DISTRIBUÍDOS ENTRE CATRO CENTROS. O BNG de Celanova informa tamén que a día de onte, os residentes afectados polo covid están dispersos en catro centros, despois de que se derivase unha paciente ao Hospital de Piñor. Así, na residencia de Celanova seguen 5 enfermos de covid –catro delas permanecen no centro desde o inicio do brote; outro foi devolto desde o Hospital de Ourense a semana pasada­-; 9 deles están no centro de Baños de Molgas, onde estaba previsto sometelos a un terceiro test durante esta fin de semana; 1 está ingresada no CHUO; e a última, no Hospital de Piñor.

DESATENCIÓN A TRABALLADORAS QUE PRESTARON UN SERVIZO VITAL DURANTE OS PEORES DÍAS. O BNG de Celanova denuncia que o Servizo Galego de Saúde desatenda a traballadoras da Residencia San Carlos que entran en baixa laboral e traballadoras que rematan estes días a súa vinculación coa residencia despois de permanecer durante seis semanas, nos peores momentos do brote e co persoal diminuído prestando un servizo que salvou vidas.

O BNG advirte que o Servizo Galego de Saúde non lles ofrece a realización do test (para as contratadas durante estas semanas sería a primeira) poñendo en risco ás súas familias e obrigándoas a adoptar medidas individuais de illamento.

O BNG xa advertiu o domingo día 12 da incoherencia de aceptar que as traballadoras infectadas nos primeiros días do brote se reincorporasen ao traballo sen pasar a segunda proba. A alerta viuse xustificada cando ao día seguinte, o luns 13, o SEGAS tivo que retirar altas laborais e prolongar todas as baixas despois de detectarse un positivo de maneira casual. Oito traballadoras, o 44% das que debían reincorporarse, deron positivo esa mesma semana nos test de contraste.

CATRO SEMANAS RECLAMANDO REUNIÓN DA CORPORACIÓN MUNICIPAL. Por último, o BNG de Celanova lembra que o pasado día 29 de marzo sinalou á Alcaldía a conveniencia de convocar a Comisión municipal de Sanidade co fin de que a corporación local coñecese o impacto da pandemia en Celanova e avaliase a situación. O BNG sinalou tamén que desde o día 1 o Goberno do Estado permite a celebración de plenos de xeito telemático (tamén presenciais), polo Decreto ley 11/2020, de 31 de marzo. O BNG segue demandando da Alcaldía a convocatoria dalgún dos órganos representativos municipais para que se poida desenvolver con certa normalidade o labor institucional tal e como acontece xa na maioría dos concellos do país.

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

lineaazul 1600

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.