Un caso negativo segue na planta dos covids en Celanova por falta de habitacións

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
  • lasprotegidasdelpresidenteA familia da muller denuncia que, día e medio despois de recibir o resultado de negativo no test, segue illada na mesma planta con outros catro pacientes que deron positivo.
  • Segundo a familia e outras fontes, faltan habitacións nas outras plantas tras seren ocupadas nos últimos días por retornados desde o centro de Baños de Molgas, os últimos este domingo, nunha decisión que volve amosar a falta de previsión do SERGAS.  

Celanova, 29 de abril de 2020. – Corenta e tres días despois de detectado o primeiro caso na Residencia San Carlos de Celanova o caos continúa rexendo o primeiro centro de maiores que sufriu un brote grave de covid19.  

O BNG de Celanova denuncia que un caso negativo segue esta mañá, día e medio despois de que se coñecera o seu resultado negativo nos últimos test, na planta de covids. A familia lanzou onte a alerta. A Residencia está coa dirección delegada –a directora, unha das contaxiadas, segue de baixa pola infección-, os patróns non aparecen e o SERGAS segue negándose á intervención.

En contacto coa encargada eventual, a familia recibiu a explicación de que a muller está atendida “seguindo un protocolo da UME” e que as traballadoras mudan de roupa entre esa habitación e as outras. A familia tamén recorreu ao médico de cabeceira, mais este restou importancia á situación. Outras fontes explican que o cambio de planta non se fixo porque non quedan habitacións libres despois de que volveran para Celanova parte dos trasladados a Baños de Molgas, os últimos, este pasado domingo.  

Despois de sete semanas desde que se declarou o brote na San Carlos, os residentes están espallados en 4 centro diferentes e ningún deses espazos é un centro “limpo” de covid19, o que amosa a desfeita da xestión do SERGAS no caso de Celanova, a única residencia cunha emerxencia grave na que se negou a intervir directamente.

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

lineaazul 1600

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.