GONZALO CABALLERO: “A MELLOR HOMENAXE ÁS VÍTIMAS DA COVID É FORTALECER A SANIDADE PÚBLICA E ACLARAR OS FALECEMENTOS NAS RESIDENCIAS”

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado

IMG 9086

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, participou hoxe no acto de recordo ás vítimas da covid en Galicia e subliñou que “a mellor homenaxe que se pode facer é fortalecer a sanidade pública e aclarar os falecementos dos usuarios de residencias de maiores”.O candidato socialista á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, participou hoxe no acto de recordo ás vítimas da covid en Galicia e subliñou que “a mellor homenaxe que se pode facer é fortalecer a sanidade pública e aclarar os falecementos dos usuarios de residencias de maiores”.
“Hai que sacar leccións do ocorrido”, proseguiu Gonzalo Caballero, quen recordou a perda de máis de 600 vidas por mor da pandemia, e fixo fincapé en que temos que “aprender” do sucedido. “E temos que atender ás familias que piden claridade sobre que aconteceu cos maiores que perderon a vida nas residencias”, engadiu.


“Hai que reforzar os mecanismos de prevención, reforzar a sanidade pública, universal e gratuíta, e poñer en valor o traballo feito polos profesionais, sobre todo daqueles que estiveron en primeira liña”, remarcou, ao tempo que chamou a “seguir pendentes” ante a posibilidade dun rebrote nos contaxios.
Nesa liña, Gonzalo Caballero fixo fincapé en que “é momento de apoiar ás familias” das vítimas “en momentos tan complexos” e de “construír entre todos un país que defenda a sanidade pública e a información transparente”. Ademais, puxo o foco na importancia de “fortalecer” a área de saúde mental dentro do Sergas.
ESTADO DE ALARMA
Ao fío disto, preguntado polos xornalistas sobre o levantamento do estado de alarma, o líder do PSdeG subliñou que ese mecanismo foi “importantísimo”, toda vez que permitiu ao goberno de España decretar o confinamento para así evitar que o virus contaxiase a máis xente.
“O estado de alarma foi fundamental para gañar a batalla ao coronavirus”, incidiu, consciente do “erro” que supuxo que Feijóo pedise o seu levantamento o pasado 3 de maio. “Se o goberno de España lle fixera caso, a volta á normalidade podería tambalearse”, apostilou.
Por iso, Gonzalo Caballero valorou que o goberno de España “está marcando ben os tempos” con medidas como a de impedir a mobilidade entre comunidades con distintos niveis de contaxio. E, no caso de Galicia, chamou a “manter a prudencia” na desescalada para “non correr riscos” e evitar así “un posible retroceso”.
Canto á decisión de levantar o estado de alarma en Galicia, o máximo dirixente dos socialistas galegos indicou que cómpre “ver que se vai permitir facer e que non”. “Hai que ver que implica”, profundou, toda vez que “a clave” do paso a esa nova normalidade é coñecer en detalle as actuacións permitidas.

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

lineaazul 1600

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.