GONZALO CABALLERO SINALA QUE GALICIA NECESITA UN CAMBIO LIDERADO POLO PSdeG PARA “TER UN GOBERNO QUE DEFENDA AS 44.000 PERSOAS EN RISCO DE ENTRAR NA POBREZA” POLOS EFECTOS DA CRISE DA COVID

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado

O candidato presenta as propostas do PSdeG en materia de deporte, que inclúen un plan de fomento da mobilidade sostible que permita seguridade para os usuarios e un plan de desenvolvemento de sendas ciclistas en GaliciaO candidato presenta as propostas do PSdeG en materia de deporte, que inclúen un plan de fomento da mobilidade sostible que permita seguridade para os usuarios e un plan de desenvolvemento de sendas ciclistas en Galicia


Pontevedra, 24 de xuño de 2020. O candidato socialista á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, defendeu hoxe que Galicia necesita un cambio para ter á fronte da Xunta “un goberno amigo” que actúe como “un escudo protector” tanto para o máis de medio millar de galegos e galegas en situación de pobreza como para os 44.000 cidadáns que poden entrar nesta situación como consecuencia da crise da covid. Así o dixo na súa visita a Pontevedra xunto co tenente de alcalde, o socialista Tino Fernández, e varios membros da candidatura do PSdeG, que subiron á bicicleta para presentar as propostas socialistas en materia deportiva.
O candidato socialista deu a voz de alarma logo dos datos feitos públicos onte por Intermón Oxfam, que advirten da elevada taxa de pobreza de Galicia, que fai necesario “un goberno amigo que protexa aos cidadáns e que constitúa un escudo protector dende a Xunta para que ninguén quede na cuneta”. Defendeu un proxecto socialista en Galicia que complemente o esforzo do goberno de España para “impulsar as políticas sociais e incrementar o gasto social na defensa dos servizos públicos.
Gonzalo Caballero reivindicou unha liña de medidas que “permita superar a insuficiente política social da Xunta” logo de 11 anos de recortes e de castigo aos servizos públicos protagonizado polo goberno de Feijóo. Salientou que a falla de fondos e de “incapacidade” da Xunta provoca, como no caso da Risga, que haxa “niveis inadmisibles de retraso nas tramitacións”.
De feito, subliñou que Feijóo “é unha losa para facer unha reconstrución de Galicia na que poidamos defender os intereses dos máis vulnerables”, e remachou que “fronte aos recortes do PP, necesitamos un impulso de futuro liderado polo PSdeG para priorizar as políticas sociais e protexer aos 44.000 galegos e galegas en risco de caer na pobreza na saída desta crise da covid”.
DEPORTE
O candidato socialista achegouse hoxe pedaleando ao encontro cos xornalistas en Pontevedra para presentar as súas propostas de goberno en materia deportiva, que pasan por unha estratexia global de fortalecemento do deporte en todo o país, con impulso a tódolos niveis: deporte base, profesional e de elite.
O programa do PSdeG recolle o reforzo do mapa de instalacións dispoñibles no conxunto do territorio e a aposta polo deporte de elite, reforzando a presenza da actividade física en todas as facetas da sociedade.
Gonzalo Caballero propuxo un gran acordo conxunto coas administracións locais, as deputacións e o conxunto de federacións deportivas para poñer en común as capacidades do deporte galego e fomentar a práctica deportiva entre a cidadanía “para manter o corpo e a mente coa axilidade que proporciona a práctica regular de exercicio”. 
Ademais, destacou que o fomento do uso da bicicleta como medio de transporte é “moi compatible co desenvolvemento sostible, co fomento das enerxías limpas e cunha forma de entender o territorio e a sociedade moi amable”.
Por iso, formulou un plan de fomento de uso da bicicleta que “permita dar seguridade aos cidadáns que utilizan regularmente a bicicleta como medio de transporte” nun paso máis cara á mobilidade sostible dentro e entre os espazos urbanos. Propuxo tamén “desenvolver sendas ciclistas entre distintos lugares da comunidade como unha forma de fomentar o turismo“.
O tenente de alcalde e concelleiro de Deporte de Pontevedra, o socialista Tino Fernández, defendeu a necesidade dun goberno socialista que desbloquee o impulso á actividade deportiva e rompa coas restricións impostas polo PP, que “afectan a todos os ámbitos da práctica deportiva en todos os concellos”. 
Fernández defendeu neste sentido a “filosofía de fomento do deporte de Pontevedra, exportable a toda a comunidade”, que entende as prácticas deportivas na vertente económica grazas á organización de grandes eventos anuais, como elemento de referencia para a formación de nenos e nenas nas escolas deportivas municipais, e como un elemento de práctica saudable a incorporar ao desenvolvemento persoal xeneralizado na sociedade.

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

lineaazul 1600

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.