Ourense dedicaralle unha glorieta ao persoal sanitario que cada día traballa por erradicar a pandemia do COVID-19

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Medio Ambiente, dedicará unha glorieta na honra do persoal sanitario de Ourense, que está cada día á beira dos seus veciños, coidándoos e axudándoos a superar esta pandemia.

 

“Aos profesionais da sanidade do noso país pedímoslles unha vez máis un esforzo superior e responden sen dubidar, con extraordinaria dedicación e profesionalidade”, indica o tenente de alcalde de Ourense, Jorge Pumar. “Por este motivo decidimos dedicar esta glorieta ao labor de todos e cada un deles, e converter este espazo nun recordatorio de gratitude a quen nos axudou cando máis o necesitabamos. É un xesto que se queda pequeno ante o inmenso esforzo realizado por estes profesionais aos que tanto lles debemos”, afirma Jorge Pumar.

A elección da glorieta non é aleatoria: foi seleccionada por ser un nó de comunicación da cidade, con gran afluencia de tráfico e con panorámica do  CHOU, epicentro da loita contra o COVID-19, pero tamén próxima a varias residencias da terceira idade e centros de atención a persoas con discapacidade. Desta forma, lembra Jorge Pumar, “a homenaxe faise extensible ao conxunto de profesionais do sector sanitario que coidaron e protexeron aos colectivos máis vulnerables da crise”.

O recoñecemento corresponde tanto ao labor dos traballadores do CHUO como ao resto do sistema sanitario ourensán: persoal de ambulancias, atención médica a domicilio, atención en PAC ou dos centros de saúde, persoal das residencias da terceira idade… A Concellería tamén desexa estenderlle o recoñecemento ao equipo que atende a axuda a domicilio e a todos os que loitan para tratar de frear a expansión desta enfermidade.

A glorieta será reestruturada con temática sanitaria, que lembrará a toda a cidade, nun futuro, o esforzo e traballo extraordinarios de todos e cada un dos membros deste sector, do que toda a cidadanía sente orgullosa e así o demostra cada día ás oito da tarde.

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

lineaazul 1600

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.