CONCLUSIÓNS XXXIII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado

20160401 2004261Foi Heródoto quen nos legou o relato de como Meandro trala morte de Polícrates fixou o nacemento da política á par que o xurdimento da filosofía, ao colocar o poder no centro, entre o goberno e o pobo e proclamar a igualdade: “depoño o meu mando e convoco para vós a isonomía”. Así é como a filosofía é dende a orixe política, nace para entendérmonos entre nós, e dármonos unha organización.

Esa discusión libre, esa deliberación entre semellantes aos que fai referencia a idea exposta do carácter intrinsecamente político da filosofía, conformará co tempo o concepto de democracia, derivada da noción de igualdade ante as normas, da igualdade entre cidadáns, posibilitando e creando o goberno do pobo por si mesmo.

A pouco que nos fixemos, a historia da filosofía amósanos a importancia da política en tódolos grandes discursos e sistemas de índole filosófica tamén dende a súa orixe, tal e como quedou dito. O primeiro gran sistema filosófico, realizado polo vello Platón, incidiu na centralidade da política, na centralidade da incesante busca da verdade cuxa finalidade era acadar unha definición de xustiza axeitada como garante do ben político.

Non embargante na actualidade ollamos como o despregamento da globalización económica auspiciada polo neoliberalismo, trae consigo unha fenda social que se agranda cada vez máis, fomentando a desigualdade e a asunción desta como algo inevitábel. O descaro do neoliberalismo (síntoma da súa forza) lévalle a se despreocupar en agochar, maquillar, camuflar o seu verdadeiro propósito: a instauración da desigualdade como un feito natural, como consecuencia da defensa dos privilexios dunha elite.

Xa non se trata de que non haxa alternativa ao seu modelo político e económico, como insistentemente vociferaron os seus defensores dende os seus inicios na década dos anos 80 do século pasado. Que non haxa contestación posíbel ao seu discurso e ideario. Senón que agora esa falta de alternativa é trasladada ao seu propio interior para institucionalizar a desigualdade. Non hai alternativa para a inxustiza. “Vivimos no mellor dos mundos posíbeis”. Deste xeito prodúcese a caída do velo da sociedade do espectáculo para amosar a verdadeira faciana descarnada e crúa do neoliberalismo.

Quizais para entender esta situación, haxa que entender previamente como foi o desenvolvemento da Modernidade dende un punto de vista ontolóxico. O concepto de cidadanía que xorde na Modernidade entende o cidadán como suxeito auto-vinculante. Dentro deste paradigma conviven dúas tradicións: a que entende o individuo de maneira autónoma (encarnada no cidadán de Rousseau e o seu republicanismo) e a que entende ao individuo como un ser posesivo (o ser humano de Locke, co seu liberalismo).

Non é de estrañar polo tanto que estas dúas tradicións callaran de algunha maneira logo das revolucións americana e francesa no que se veu a chamar como goberno representativo, modelo de goberno por antonomasia nas denominadas democracias liberais. Este goberno representativo parte da desconfianza cara ao pobo, por iso insiste na necesidade do goberno dos mellores, dos aristoi, dos preparados para tal motivo por mor da especialización e fuxe da participación e da horizontalidade políticas.

Este suxeito autovinculante, na súa versión ora autónoma, ora posesiva, afástase do mundo relacional, tal e como nolo vén narrando o feminismo, facendo tamén unha separación entre os ámbitos privado e público, equiparando este último co suxeito autónomo masculino blindado fronte á vulnerabilidade.

Este suxeito tamén se desconecta relacionalmente da súa contorna ambiental, da biosfera, onde quedan claras as relacións de interdependencia entre tódolos seres vivos e o seu medio, poñendo de relevo mal que nos pese a heteronomía. Froito disto, amais de cara a desigualdade avanzamos cara o colapso ecolóxico. O cambio climático por mor da acción antropoxénica e o cénit da produción de petróleo son dous procesos que ameazan con mudar as nosas condicións vitais de xeito irrecoñecíbel.

A conversión do mundo nun lugar multipolar , onde a globalización marca o compás do devir, fai que cada vez sexamos máis dependentes das relacións xeopolíticas. O traslado dos centros de poder lonxe de occidente co crecemento dos chamados BRICS, e do eixo eurasiático, fai que pola parte que nos toca debamos reformular as nosas estratexias e desexos como cidadáns do mundo arrogante enriquecido. Desigualdade, crise ecolóxica, perda de soberanía e multipolaridade, afastan cada vez máis o soño da recuperación do estado do benestar. Faise pertinente a asunción dun novo modelo de vida boa, acorde cos novos tempos e a sustentabilidade nun mundo físico finito.

Falouse moito da desafección cara á política cara o final do século vinte. Esta desafección puido funcionar como caldo de cultivo propicio da irrupción do neoliberalismo nas sociedades chamadas desenvolvidas. Esa desafección aínda presente hoxe mudou na conformación de movementos sociais que puxan por unha transformación. Xa non se fala de desafección cara á política senón cara os políticos que detentan o poder. Os movementos sociais intentan trasladar a acción política cara si mesmos, forzando unha mudanza.

É importante facer fincapé na cuestión material e empírica do estado de cousas. A filosofía ten que ser máis que pura descrición da realidade, ten que ir máis aló da análise (pertinente e necesaria), ten que tender á retroalimenación entre a praxe e a teoría. É por iso que debemos afinar o discurso político.

Hoxe é irrenunciábel neste contexto a cuestión da participación e da horizontalidade na política. As maiores cotas de educación e formación posibilitan este extremo, por iso non é de estrañar a teimosía do neoliberalismo por borrar estas conquistas sociais.

Debemos ser capaces de trazar consensos e pontes para afrontar novos retos de hexemonía social. Isto pasa por asumir as nosas contradicións, limitacións, imperfeccións, fragmentacións, parcialidades, pero tamén por insistir na resistencia e na posibilidade de gañar batallas e fixar e defender posicións irrenunciábeis. Non por non chegar a un sistema de máximos debemos renunciar a todo. Acostumémonos a vivir na dialéctica se esta se converte na nosa condición vital contemporánea.

Imponse facer unha nova lectura da situación dada e unha nova proposta de acción. Non asumir estes preceptos básicos de análise e de acción conleva unha asunción implícita ou explícita de derrota e de cesión ante a hexemonía imbatíbel do neoliberalismo, do seu discurso e da súa práctica e a derrota da filosofía mesma e da política. Implica asumir o pensamento único e asumir a obsolescencia da filosofía como saber práctico ante a inmutabilidade da situación actual. Asumir por certo entón que non hai alternativa, incluso asumindo o mal do capitalismo como inevitábel e caer nunha época xa non posmoderna senón premoderna polo retroceso que conleva caer no conformismo.

Podemos caer na roda da indiferencia e do goce hedonista dos privilexios e converter a política nunha mera actividade para o mantemento e ensanchamento destes privilexios fronte e sobre os demais, despoxándoa de calquera cuestión ética arredor da vida boa; subsumila no mero cinismo instintivo irracional, primario, sen outra finalidade ca esta. Isto é o que nos queren facer crer, inculcar, non xa que o capitalismo salvaranos de tódolos males se deixamos que se perfeccione senón que o capitalismo é imperfecto e non se pode mellorar para asumir sen atisbo de crítica a situación atomizada e individual de cada quen. Isto contradí a motivación de varios séculos de resistencia e movemento contra o despregamento do capitalismo no planeta e sobre os seus pobos e ecosistemas. Xa non hai últimas fronteiras nin mundos novos, claudiquemos ante o inevitábel do mal, do sufrimento e a dominación dos poderosos, nos din.

Volvendo ao limiar da intervención, á cita de Heródoto vemos como a función da política, como espazo de deliberación, de discusión pública desaparece nun mundo pregado ao neoliberalismo que ten por obxectivo institucionalizar a desigualdade. Negámonos a aceptar este designio, é por iso que estamos aquí hoxe e volveremos a primavera do ano vindeiro nunha nova Semana Galega de Filosofía.

Así acaban as conclusións da trixésimo terceira Semana Galega de Filosofía, Filosofía e Política.

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

lineaazul 1600

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.