CIG-Ensino e o resto de sindicatos retíranse da Mesa Sectorial en rexeitamento ao Protocolo da COVID para o curso 2020/21

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado

Denuncian tanto as formas da Consellaría, que agardou a que pasaran as eleccións para facelo público e deu só 48 horas para presentar achegas, como o fondo do contido do documento, ao pretender afrontar a pandemia sanitaria nas aulas sen incremento orzamentario, sen contratación de persoal de reforzo e sen redución de ratios, medidas necesarias para garantir a distancia de seguridade nos centros.

 

A CIG-Ensino xunto coas outras tres organizacións sindicais presentes na Mesa Sectorial de Educación abandonaron, nada máis comezar, a reunión para debater o Protocolo elaborado pola Consellaría para o vindeiro curso escolar por “levar á incerteza e ao desamparo ao persoal dos centros educativos e ao alumnado”. A decisión é consecuencia da negativa da Consellaría a retirar o documento e a abrir unha negociación que dea resposta ás demandas de presencialidade con seguridade que demanda o profesorado. Critican que a administración tivera oculto nun caixón un documento, alleo á realidade das aulas e con contradicións ao respecto das recomendacións das autoridades sanitarias, para non alarmar á comunidade educativa antes da cita electoral do pasado domingo.

Ademais da desprotección e da posta en risco da seguridade e da saúde de alumnado e profesorado, o secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, rexeita as intencións da Consellaría de descargar toda a responsabilidade de elaboración de plans de adaptación por centros, compra e xestión do material de prevención, organización da vixilancia do cumprimento das medidas tanto na actividade lectiva como nas actividades complementarias ou desinfección do material empregado, entre outras tarefas, maiormente nos equipos directivos e no persoal docente e non docente sen incrementar o número de efectivos nin reducir as ratios de alumnado por aula. Isto demostra a perspectiva economicista e ultraliberal do goberno do PP de que a educación é un gasto, nunca un investimento, e que descarta destinar os fondos que o Ministerio vai repartir entre as CCAA para sufragar os gastos para facer fronte á pandemia ao ámbito educativo.

Comparecencia conxunta e chamada á mobilización

Mañá está prevista unha rolda de prensa na que explicarán polo miúdo o seu rexeitamento a este protocolo, que é unha falta de respecto absoluta para toda a comunidade educativa, e na que farán un chamamento a presionar á administración para que rectifique e poña na mesa máis medios materiais e humanos para facer fronte aos retos que supón a volta ás aulas no marco dunha pandemia mundial de máis de 30.000 docentes e máis de 280.000 alumnos e alumnas distribuídos en preto de 1.200 centros educativos en toda Galiza.

social youtube xornalgalicia   feed-image

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet
Siguenos iconotwitterTwitter -         - feed-image RSS.  Contacte iconopublicidadPublicidad  -  Mapa Web - Hemeroteca - Acceso    Acceso Suscriptores Xornal Galicia.    Suscribete

lineaazul 1600

Este periódico puede ser tuyo, si te interesa contacta con el 630389871lineaazul 1600

  • Noticias de Feijóo en León, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Lleida, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Lugo, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Madrid, de la Comunidad de Madrid.
  • Noticias de Feijóo en Málaga, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Murcia, de la Región de Murcia.
  • Noticias de Feijóo en Navarra, correspondiente a la Comunidad Foral de Navarra.
  • Noticias de Feijóo en Ourense, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Palencia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Pontevedra, de Galicia.
  • Noticias de Feijóo en Salamanca, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Santa Cruz de Tenerife, en Canarias.
  • Noticias de Feijóo en Segovia, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Sevilla, en Andalucía.
  • Noticias de Feijóo en Soria, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Tarragona, en Catalunya.
  • Noticias de Feijóo en Teruel, de la comunidad autónoma de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en Toledo, en Castilla-La Mancha.
  • Noticias de Feijóo en Valencia, de la Comunidad Valenciana.
  • Noticias de Feijóo en Valladolid, de Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Vizcaya, del País Vasco.
  • Noticias de Feijóo en Zamora, en Castilla y León.
  • Noticias de Feijóo en Zaragoza, de Aragón.
  • Noticias de Feijóo en México.
  • Noticias de Feijóo en Montevideo, Uruguay y Puerto Capurro.
  • Noticias de Feijóo en Argentina, Buenos Aires, Diáspora.
  • Noticias de Feijóo en Venezuela Fes, Hermandad Gallega.